La Ventana de las RíasLa Ventana de las Rías
Ocio y cultura
O momento coruñento de Xurxo Souto

Cántiga de maio

A Coruña

Este mes de maio

é o mes das flores,

cando os namorados

deixan ver os seus amores.

Cantáronse moito pola Coruña, os maios, pezas propias deste tempo. Así o documenta nun fermoso texto Urbano Lugrís.

A cántiga de maio, peza de luz, volve estenderse agora pola cidade toda. Estamos no ano, no mes, das Irmandades da Fala, ese fato de coruñesas e coruñeses, Antón Vilar Ponte á fronte, que se axuntaron aquí hai cen anos para facer máis feliz ao mundo coa riqueza da nosa lingua. Neste mes de maio, as Letras Galegas levan o nome dun dos nosos veciños máis ilustres: Manuel María.

E hoxe, 3 de maio, miles de rapaces e rapazas encheron as rúas de alegría: O Correlingua.

Rapazas e rapaces dos colexios de institutos de Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Cesuras, Coristanco, Sada, Zas,Vimianzo, Bergondo e mais da Laracha. E, por suposto, miles de rapazas e rapaces da cidade da Coruña. Quero citar todos os centros: do instituto da Agra do Orzán, de Elviña, do Fernando Wirtz, de Zalaeta, do Fogar de Santa Margarida, do Monte das Moas, do Otero Pedrayo e do Urbano Lugrís.

Diante das indolencia dos adultos, xente nova a eito polas rúas a anunciar futuro e luz para a lingua galega.

A festa rematou ao pé da Torre, cun concerto de Zenzar, patriarcas do rock galego –dende 1987-, o grupo elixido por votación polos propios nenos.

Quizá non os viu pasar, non se preocupe, como acostuman, como acontece coas cántigas dos maios,han volver –máis- a seguinte primavera, para compartir con todos as palabras bonitas do seu himno.

Alimenta ao planeta,

boura polo vento,

a lingua dos galegos,

non se aguanta nos museos.

Eu quero ir polo Mundo,

mais por un mundo diverso,

onde cada pobo achegue

a color do seu acento.

A miña boca provoca a miña boca non se equivoca.

Cántiga de luz. Correlingua na Coruña

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00