Sociedad
O blog de Henrique Rabuñal

25 anos de certame Manuel Murguía

A Coruña

Este venres entréganse en Arteixo os premios correspondentes á edición número 25 do certame Manuel Murguía. Parabéns ao alcalde Calvelo, ás concelleiras e concelleiros, aos traballadores da área de cultura, ás escritoras e escritores, ás veciñas e veciños.

Existen sobre o certame moitos testemuños e documentos escritos, fotográficos, videográficos, hemerográficos, audiovisuais, comezando pola serie de libros que recollen as narracións premiadas aos que o venres engadiremos A garza insomne.

Desde o seu nacemento en 1991 e durante moitos anos traballamos neste certame coa intención de estimular a vida cultural en Arteixo, homenaxear a figura de Murguía, visibilizar e auxiliar a creación literaria, defender activamente os usos da lingua de noso e pór a Arteixo no mapa dos concellos máis avanzados e activos nestas materias.

Cómpre agradecer na persoa do alcalde Carlos Calvelo a todos os membros da corporación que desde 1991 posibilitan as actividades do certame, desenvolvidas con plena liberdade para orgullo do concello e de Galiza. Tamén o labor dos equipos que coordina Sonia Iglesias en plena sintonía coas persoas que coordinamos o certame, labor no que me sucederon Julio Mancebo e Alfredo Ferreiro.

O mes de maio é o mes da cultura galega porque neste mes naceu no Froxel de Oseiro, Manuel Martínez Murguía, unha das grandes figuras da nosa historia. Este mes, un amigo noso e de Arteixo, é o protagonista das nosas letras, ás que dedicou un labor titánico exercido en condicións ben difíceis e con poucos estímulos institucionais. Falo de Manuel María, poeta de moitos fíos, dramaturgo, narrador, erudito, escritor de xornais e revistas, viaxeiro, orador, conversador. Manuel estivo varias veces en Arteixo. No centro cultural presentoume un libro xustamente dedicado a Murguía nun día para nós memorábel e inesquecíbel. Lede e divulgade –leamos e divulguemos- a obra de quen con certeza fixo a súa achega para a Galiza durar mil primaveras máis.

Ser dun lugar ou vivir nel márcanos profundamente. Eu estouvos moi orgulloso de ter nacido na parroquia de Pastoriza, onde Murguía foi bautizado. Moi orgulloso de poñer en marcha este certame hai 25 anos creando uns protocolos que seguiron cumpríndose e de terlle entregado o mellor de min coa intención de que a miña terra, Arteixo, cotice entre os concellos máis dinámicos e comprometidos na defensa da nosa lingua e cultura. Hai moitos anos, Antón Riveiro Coello, recollendo o seu premio en Arteixo, dicía: "Este certame hanos sobrevivir a todos". Ogallá.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00