Ocio y cultura
TURISMO

Música, Gastronomía e Deporte en Bande

XLV Festa do Peixe en Bande, 20,21 e 22 de maio

Uno de tantos lugares en los ríos ourensanos, para la práctica de la pesca / Pesca Ourense

Ourense

A ¨XLV Festa do Peixe ¨ encherá o municipio de Bande de música, deporte e gastronomía os vindeiros días 20, 21 e 22 de maio. O acto de presentación tivo lugar no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o alcalde de Bande, José Antonio Armada; e o representantes do ¨Club O Peixe¨, José Emilio Rodríguez.

A programación inclúe o tradicional Campionato de Pesca, que terá luga o 22 de maio, e que é o ¨xerme desta celebración lúdica, gastronomíca e deportiva ¨ que é unha excelente mostra das nosas tradicións, sendo a festa máis antiga de Galicia, que abre o calendario de celebracións gastronómicas na provincia de Ourense.

Este o campionato de pesca, vai vencellado á solidaridade, xa que ¨para fecer a inscrición, débese entregar un quilo de alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos.

A competición realizarase no río Limia com máis cincuenta pescadores procedentes de Galicia e do Norte de Portugal.

O alcalde de Bande, José Antonio Armada, desta tamén do programa o aspecto gastronómico e lúdico desta celebración declarada ¨Festa de Interes Turístico de Galicia ¨, na que, tendo como escenario a Praza da Constitución, haberá desgustacións de productos tradicionais e actuacións musicais, que participarán no evento o venres na inauguración da festa.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00