Sociedad
DIPUTACIÓN OURENSE

A I Xornada de Cooperación pon en valor as potencialidades

Corenta empresas de ámbalas dúas provincias celebraron un encontro empresarial para poñer en común posibilidades de cooperación nos ámbitos termal e turístico e explorar vías de negocio

A I Xornada de Cooperación entre as deputacións de Ourense e Zamora pon en valor as potencialidades das dúas provincias / Diputación de Ourense

Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e a presidenta da Deputación de Zamora, María Teresa Martín Pozo, inauguraron o luns no Centro Cultural “Marcos Valcárcel a “I Xornada de Cooperación da Rede Interprovincial Ourense-Zamora de comunicación e experiencia de xestión”, un evento que ten como obxectivo poñer en valor as potencialidades e os proxectos estratéxicos de ámbolos dous territorios, coa implicación dos seus gobernos provinciais e coa celebración de encontros bilaterais entre empresas de Ourense e Zamora para abrir canles de colaboración e explorar vías de negocio.

José Manuel Baltar explicou que esta iniciativa ten unha palabra clave que é a “cooperación”, neste caso entre institucións provinciais, Ourense e Zamora, “que teñen claro que non só son gobernos que asisten técnica, económica e xuridicamente aos concellos, senón que teñen encomendada a defensa de un interese xeral de provincia”.

O presidente da Deputación de Ourense dixo que ambas institucións crearon esta Rede Interprovincial “que ten que ver non só coa situación limítrofe das provincias senón, con cuestións que nos unen e compartimos, no ámbito do turismo cultural e gastronómico, e tamén na importancia de promover as riquezas patrimoniais e artísticas de ámbolos dous territorios, o que debe propiciar actuacións conxuntas”.

Este encontro pretende “xerar riqueza sobre a base de acordos de colaboración que permitan tamén a interrelación entre empresarios de Ourense e de Zamora”, destacou José Manuel Baltar, lembrando neste sentido que os vindeiros 16 e 17 de xuño, “terá lugar un evento singular entre empresas de Ourense e de Estados Unidos, impulsado pola Deputación de Ourense: a misión comercial certificada polo goberno norteamericano, na que 15 empresas americanas manterán contactos con empresas da provincia de Ourense, relacionadas con sectores que favorezan sinerxias, estratexias de internacionalización e emprego na provincia ourensá”.

No acto inaugural da xornada, José Manuel Baltar remarcou a importancia do termalismo na provincia de Ourense, “segundo territorio de Europa con máis potencial termal”, e tamén destacou o programa de “Termalismo Social”, que puxo en marcha a Deputación de Ourense en colaboración con Renfe e que supuxo “unha innovación tanto na oferta de turismo de ocio e saúde como na xestión electrónica dos trámites que realizan as persoas interesadas neste programa de turismo termal”.

Similitudes xeográficas

Esta primeira xornada de cooperación interprovincial enmárcase dentro da “Declaración das Provincias do Interior de Zamora e Ourense” que firmaron ambos presidentes o pasado ano, coa que se iniciaba unha senda de colaboración entre ambas provincias, que presentan grandes similitudes tanto xeográficas e poboacionais como de competitividade, o que deu lugar á creación da “Rede Interprovincial de Comunicación e Experiencias de Xestión”, que hoxe celebra o seu primeiro encontro.

A presidenta da Deputación de Zamora destacou a importancia deste tipo de encontros “entre provincias que presentan moitas similitudes e que, polo tanto, nos podemos axudar mutuamente. Os dous piares da economía de ambas provincias están centrados no sector agroalimentario e no sector turístico, que é o que nos convoca hoxe aquí”.

A Deputación de Zamora presentou o proxecto cultural de “Las edades del hombre” “e tamén estiveron presentes empresarios zamoranos do sector do turismo activo -importante na provincia de Zamora que conta coa Reserva da Biosfera Transfronteiriza máis grande de Europa-, e empresas de hostalería e do sector agroalimentario”, salientou María Teresa Martín.

A xornada deu a coñecer proxectos estratéxicos de cada provincia. No caso de Ourense, o sector termal, un dos ámbitos de desenvolvemento estratéxico sobre o que a Deputación de Ourense leva impulsando nos últimos anos diferentes actuacións entre a que destaca o seu “Programa de Termalismo Social”, como modelo de cooperación público-privado entre a administración provincial, os balnearios da provincia e Renfe. Pola súa banda, a Deputación de Zamora ten no seu patrimonio artístico-relixioso un gran potencial de desenvolvemento, focalizado este ano na Exposición de “Las Edades del Hombre”, que ten ao municipio de Toro como sede, este ano dedicada á auga: AQVA.

A xornada tamén incluíu un encontro entre empresas de Ourense e Zamora (SpeedNetworking) do sector turístico, convocadas pola Cámara de Comercio de Ourense, no que se realizaron entrevistas bilaterais B2B dun máximo de 10 minutos cada unha, involucrando a todas as empresas participantes para favorecer o intercambio de propostas e explorar vías de colaboración entre elas. O obxectivo desta actuación é que as empresas poidan ampliar a súa rede de contactos e detectar potenciais colaboradores, sendo o inicio dun plan de colaboración e negocio entre empresas de ámbalas dúas provincias.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00