Economia y negocios
LEITE

Pedro González: “sorprende o compromiso co que recibiu o consumidor a Deleite”

O coordinador do proxecto destaca que non hipotecarán o futuro da compañía por medrar, senon que irán ampliando gandeiros segundo se vaia demandando o seu leite.

Pedro González, coordinador de Leite Noso / Gonzalo Brocos

Lugo

En pleno século XXI a soberanía do consumidor está máis que nunca sobre a mesa e é un quebradeiro de cabeza para quen ofrece produtos no mercado. Pese que a crise situou o vector prezo como a principal variable á hora de tomar decisións económicas, en Galicia nas últimas semanas estase amosando que hai outros valores que tamén priman á hora de facer a compra.

Deleite leva pouco máis de 3 semanas no mercado e os  consumidores galegos están recibindo cos brazos abertos o proxecto emprendido por Leite Noso. Segundo o seu cordinador, Pedro González, "a boa resposta consumidor está sobrepasando as nosas expectativas", cun produto que non se move na gama baixa de prezos (arredor de 0,75 céntimos o litro).

Entrevista: Pedro González, coordinador de Leite Noso (11/06/2016)

07:31

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1465809052_768704/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A importante aposta comunicativa do proxecto para transmitir os valores que hai detrás da compañía Leite Noso e a sensibilización do consumidor cos problemas do sector gandeiro son responsables de que o que a priori sería un proxecto con escaso recorrido polo pequeno mercado ao que se dirixe (Galicia) e o escaso valor engadido que se pode introducir na cadea de valor do leite UHT envasado, estea tendo un arranque tan positivo.

O compromiso coa cultura galega, co patrocinio do Festival de Cans, ou a próxima celebración dunha festa gastronómica do leite coa doazón de todos os beneficios aos refuxiados sirios por iniciativa dos propios gandeiros, así como as recentes entregas aos bancos de alimentos de Galicia de lotes do seu produto son outras das iniciativas sociais da entidade.

Segundo Pedro González, "a intención pasa por ampliar o proxecto", porque moitos gandeiros chaman e interésanse por el. Con todo, matiza que "iremos recollendo leite según se vaia demandando, para non facer fracasar o proxecto". Para elo, será importante a súa implantación a nivel estatal, para ir gañando volume "pero temos que facelo de forma gradual", apunta.

TEMOS CONTRATOS A UN ANO E GARANTINDO A RECOLLIDA DE TODA A PRODUCIÓN PEDRO GONZÁLEZ, COORDINADOR DE LEITE NOSO

En relación ao prezo pagado aos gandeiros, Pedro González sinala que "o noso non é o prezo máis alto, pero estamos en 28,5 céntimos máis calidades e primas, o que sitúa o prezo final entre 32 e 33 céntimos". A aposta de Leite Noso pasa máis que polo prezo, "pola estabilidade", porque os seus contratos son anuais. "O gandeiro pode durmir tranquilo, porque saberá os ingresos que terá a fin de mes. Recollemos toda a produción ao mesmo prezo, dende o primeiro ata o último litro", destaca González.

Leite Noso conta con persoal administrativo, comercial e de comunicación. "Aforramos nos traballadores da planta, porque ese persoal é de Tegestacín, o titular da planta de Pascual en Outeiro de Rei", apunta González.

De cara aos próximos meses, o coordinador de Leite Noso destaca que  lanzarán o leite sen lactosa, "cun crecemento espectacular no mercado", e que está sendo moi demandado polos consumidores nas redes sociais da compañía.

Recollida de leite de Leite Noso / Leite Noso

leite noso recolle a produción de 40 familias

A novidade do proxecto de Leite Noso, como explica Pedro González, é que os gandeiros fan o seu propio proxecto de transformación industrial e os prezos fíxanse de abaixo a arriba, sen que sexan as distribuidoras as que primeiro marcan o prezo. O proceso de fixación de prezos parte dun prezo digno ao gandeiro, para ir despois transmitíndoo ao resto de eslabóns, ata finalizar cun prezo ao consumidor no entorno duns 75 céntimos. Ademáis, a vertente social, simbólica e solidaria do proxecto fai que este, se cabe, teña un maior valor, xa que os propios gandeiros propietarios da compañía decidiron que fosen 40 familias das que peor o estaban a pasar durante a vixente crise láctea, as que primeiro entregasen a súa materia prima ao proxecto. Os propietarios do proxecto están a vender o seu leite a outras industrias, Na actualidade pódese atopar o leite da marca Deleite nas súas variedades desnatado, semidesnatado e enteiro nas grandes superficies de Galicia dos grupo Vegalsa-Eroski (Familia, Eroski Center, Cash Record, Aliprox), Alcampo, El Corte Inglés, Carrefour, Grupo Cuevas e distintos pequenos distribuidores. Nas próximas datas incorporarase tamén a distribución a través de E.Leclerc. De cara ao próximo ano, Leite Noso aspira a ampliar capital con novos gandeiros no proxecto e poder dar o salto ao mercado estatal.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00