Hora 14 LugoHora 14 Lugo
Actualidad
EMPREGO

A Xunta apoia 123 cursos para a inserción laboral de desempregados

Un total de 24 empresas, 9 entidades e 10 concellos desenvolverán estas accións formativas dotadas cun orzamento de 4,6 millóns por parte do goberno galego

Raquel Arias, delegada de la Xunta de Galicia en Lugo (12/07/2016)

Raquel Arias, delegada de la Xunta de Galicia en Lugo (12/07/2016)

00:55

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1468323944_972182/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou un investimento de máis de 4,6 millóns de euros para desenvolver accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas na provincia de Lugo durante os vindeiros meses.

Así o explicou a delegada territorial, Raquel Arias, durante a visita aos cursos que imparte a Fundación Laboral da Construción ao abeiro deste programa e nos que participan preto de 80 alumnos.

Arias apuntou que no conxunto da provincia aprobáronse 123 accións formativas, das que se poderían beneficiar máis de 1.800 traballadores sen emprego. O obxectivo, indicou, “é facilitar ás persoas traballadoras, preferentemente desempregadas pero tamén ocupadas, unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo que atenda aos requirimentos de competitividade das empresas”.

A Fundación Laboral da Construción oferta nove accións formativas nas áreas da carpintería e moble, instalacións eléctricas, traballos con pedra ou soldadura. Todas deron comezo no mes de xuño excepto a de montaxe de estadas tubulares, que se iniciará en setembro.

Na provincia lucense, concorreron ás axudas para organizar estes cursos 10 concellos, 24 empresas e 9 entidades. Tan só no municipio da capital están previstas medio centenar de accións formativas, organizadas por entidades como a CEL, a asociación de reparación e venta de automóbiles Aprevar, Cruz Vermella, Cogami, diversas empresas e o propio concello, que imparte dous cursos de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, de 618 horas de duración cada un.

Así mesmo, acollen estas actuacións outros 19 concellos da provincia. Na meirande parte dos casos, os cursos xa están en marcha.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00