Sociedad

Ángel Carracedo: "O pregón do Apóstolo tenme desacougado"

Ángel Carracedo, pregoeiro das Festas do Apóstolo / USC

Catedrático de Mediciña Legal e unha eminencia mundial do campo da xenética, Ángel Carracedo está acostumado a ofrecer conferencias por todo o mundo ante auditorios esixentes sobre os asuntos máis complexos das súas investigación. Algo que lle parece sinxelo comparado con ler o pregón das Festas do Apóstolo Santiago. "Tenme un pouco desacougado. Lévolle dando voltas dúas semanas e, ás veces, en conferencias, en foros complicados penso 'mira que isto si é doado'; aínda non sei de que vou falar".

Entrevista Ángel Carracedo, pregoeiro das Festas do Apóstolo 2016

10:18

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/008RD010000000188669/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A súa elección foi idea do alcalde, Martiño Noriega, ao que no seu día púxolle "boa nota" en Mediciña Lega; pero o que máis satisface a Carracedo foi a "unanimidade" que espertou na corporación. Será o seu segundo pregón en pouco máis de quince días. O pasado 28 de xuño xa lía o das festas de San Pedro na súa localidade natal, Santa Comba. Dobre profeta na súa terra, cre que isto débese a que a ciencia "empeza a ter repercusión social e os investigadores son valorados e apreciados", algo que "me da moita ledicia".

A súa esixente axenda manterao en Lleida (onde apadriña á promoción de Biomediciña) ata horas antes de ler o pregón compostelán. Asegura que aproveitará os ratos de aeroporto para redactar o texto. 

Despois de que sea el quen abra os festexos, chegará o turno de Deolinda, por unha auténtica casualidade, "o meu grupo favorito, son seu fan número un". Humilde coma sempre, o científico galego con maior recoñecemento asegura que "é unha honra impresionante ser o teloneiro" da banda portuguesa.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00