Sociedad
MONDOÑEDO

O PSOE acusa a Candia de perder unha brigada de incendios en Mondoñedo por “deixadez”

A alcaldesa alegou falta de recursos económicos

Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo / Radio Lugo

Lugo

O PSOE de Mondoñedo acusou á alcaldesa, Elena Candia, de renunciar a unha brigada de prevención e defensa de lumes de cinco compoñentes para 2016 debido a súa "incompetencia, deixadez e despilfarro político".

Más información

A voceira socialista, Esperanza González, explicó que a Xunta concedeu dúas brigadas de cinco compñentes para o Concello, se ben o goberno de Candia renunciou a unha por motivos económicos.

Pese a rexistrar unha pregunta "en tempo e forma" para pedir explicacións á rexedora sobre a renuncia o pasado 20 de xullo, a día de hoxe non obtivo resposta.

"O Concello non ten cargos para investir en cinco postos de traballo, pero si que gasta preto de 1.000 euros en tartas de Mondoñedo, 5.000 euros nos premios de Entroido, case 2.000 en comidas, 450 en concursos de balcóns, 800 euros en colchonetas, 1.364 en plantas e 30.000 en anuncios, pero é incapaz de investir 5.000 euros máis en emprego", recriminou González.

A socialista engadiu que a brigada "podería estar contratada coa subvención da Deputación de 41.844 euros que lle foi concedida para a creación de emprego, pero a súa deixadez e incompetencia política leva aos mindonienses a perder unha brigada de incendios".

"Nestes momentos Candia ten outros compromisos máis importantes que o Concello, xa que está recorrendo a provincia na busca de votos para o PP, para ela Mondoñedo é secundario", resolveu.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00