Sociedad
CONCELLO

O Concello renova o servizo de desratización e desinsectación

A nova empresa concesionaria destinará 2 técnicos durante 1 mes a realizar unha revisión integral da cidade

Ourense

O Concello de Ourense inicia a campaña de desratización, desinsectación e desinfección habitual ao final de cada verán. Será a primeira que realice a nova empresa concesionaria, Anticimex 3D Sanidad Ambiental SAU, á que lle foi adxudicado por concurso este verán, por un importe de 21.750,23 euros.

Será a primeira das 3 campañas intensivas que se realizarán anualmente (ata este ano eran 2: primavera e outono e coa nova concesión serán 3: marzo, xuño e finais de setembro). Durante 4 semanas, 2 técnicos realizarán unha revisión integral da cidade 2 veces por semana. Durante os outros 9 meses do ano, o servizo continuará de forma ordinaria e programada, contando coa presenza de 1 técnico 1 vez por semana.

A presencia destes animais no Concello é a normal nunha cidade destas dimensións, e os traballos persiguen precisamente previr e controlar a aparición de plagas destas especies que puideran causar problemas á poboación.

Tamén durante a última semana de setembro instalaranse dous novidosos sistemas de control intelixente e efectivo para control dos roedores. Son unhas trampas automáticas, sen risco para as persoas e respectuosas co medio ambiente, que garantizan unha protección e vixilancia as 24 horas, 365 días do ano.

A trampa actívase cando os sensores detectan a presenza dun roedor, polo movemento ou calor do corpo. Un sistema interno de varillas impacta co roedor, causándolle a morte de inmediato, e a trampa volve estar lista de forma automática.

As trampas están monitorizadas a tiempo real polo que se pode saber en todo momento a actividade dos roedores no alcantarillado e a taxa de éxito do programa.

Control de plagas urbanas

O contrato asinado coa empresa ten por obxecto a execución dos traballos de control de plagas urbanas, necesarios para lograr en todo o termo municipal de Ourense un control dos vectores de contaminación xenerados, xeralmente, por múridos e insectos, acadando un control axustado e no seu caso total eliminación daqueles organismos e/ou microorganismos con influencia sobre a saúde pública.

Os traballos comprenden a inspección, diagnóstico, sistemas e procedementos, combinando os tratamentos químicos ou biolóxicos e medidas para causar o menor impacto ambiental posible.

O servizo de desratización ten por obxecto o control das poboacións de roedores (ratas e ratos) manténdoas a niveis que non afecten á saúde pública no termo municipal. O servizo de desinsectación ten por obxecto a erradicación ou no seu caso, reducción das poboacións a niveis que non representen risco sanitario ou molestias de calqueira índole á poboación calquera insecto que poda ser considerado como vector desde o punto sanitario, nos lugares onde aparezcan ou se desenvolvan.

Realizouse unha sectorización do municipio de Ourense en 8 zonas de actuación, nas que están incluidas zonas periurbanas e núcleo urbano, cunha frecuencia de inspeccións e actuacións semanais.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00