Emisoras

Buscador de emisoras

Ir

Selecciona tu emisora

Radio Lugo

O Castro tentará puntuar ante no Bergantiños

O encontro disputarase en Laracha o Domingo ás 12 horas

Plantilla do CD Castro

Plantilla do CD Castro / Cadena SER

O técnico do Castro, Iván Lamas, analizou a actualidade do seu equipo antes do choque ante o Bergantiños. Un encontro que finalmente se disputará no Municipal de Laracha o próximo domingo ás 12.00 horas.

"Queremos lograr a cuarta xornada seguida puntuando, sería increíble. Iremos a polo partido e logo o que salga. Vai ser complicado". "Teñen xogadores moi físicos e verticais. Con espacios son moi fastidiados. Xente bastante rápida. Teñen moi bon equipo. Canto máis teñamos balón, menos vamos sufrir. Hai que vixilar as perdas, hilar fino e controlar as vixilancias".

En relación á fichaxe de Javichu, Lamas apuntou que chegar para sumar. "Xa nos interesamos nel no verán. Ao final concretouse. Vainos aportar moito, bon trato de balón e moi dinámico. Polivalente, pode xogar atrás e máis adiante".

Por outra banda, o adestrador do Bergantiños, Miguel Figueira, recoñece que O Castro é "un bo equipo". "Estamos intentando recuperar efectivos. Tivemos bastantes baixas as dúas últimas semanas. Espero poder facer unha convocatoria máis equilibrada. Josito e Iago Blanco, lesionados, non estarán seguro".

"Se non hai ningún contratempo, debutaremos nas Eiroas. Estamos con moitas ganas. O equipo necesita estabilidade e competir en igualdade de condicións. Ata agora estivo bastante irregular, alternando momentos moi bós e outros moi malos. Necesitamos máis tranquilidade, estabilidade e equilibrio durante os noventa minutos".

"O Castro é un bon equipo ao que xa me enfrentei co Arteixo os dous últimos anos. Manteñen o bloque e con dúas ou tres pinceladas que engadiron, poden competir de tú a tú con calquera. Como xa se viu a semana pasada ante o Compostela, e facendo bo fútbol como na segunda metade".

"Os perigos son principalmente Xaime, que é o motor do equipo e a velocidade e un contra un de Omar e iván González. Son dous xogadores que marcan as diferencias. Logo Marino, Álvaro... Ademais poden ter tanto posesión como matarte á contra. Hai que estar moi vivos contra o Castro".

Comentarios Normas

comentarios

Para poder comentar debes estar registrado y haber iniciado sesión

Regístrate ¿Por qué registrarse?