Gastro
Ayuntamientos

'Alimenta a saúde' pon en valor o exercicio físico e a alimentación estacional

Boa alimentación e prácticas saudables, ademais de xuntar diferentes xeracións de persoas e potenciar os produtos frescos e estacionais do comercio local. Do 18 ao 22 de outubro.

Ourense

Xuntar alimentación saudable con exercicio físico unido ao fomento de relacións entre persoas maiores e mozas. Ese é o obxectivo do programa "Alimenta a Saúde". “A alimentación e o exercicio son os hábitos que máis inflúen na saúde das persoas”, afirmaba a concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, durante a presentación. “Son procesos voluntarios e conscientes e, polo tanto, educables cara a hábitos máis sans”.

Porén, 'Alimenta a saúde' vai moito máis alá do que un programa controlado de alimentación e exercicio físico. Seguindo o consello da ONU para a prevención da dependencia dos maiores, o Concello de Ourense quere lograr unha convivencia interxeracional na que mozos e maiores compartan valores e experiencias, ao tempo que apostar pola sostibilidade, tanto ambiental como económica: “É importante coñecer a temporalidade dos produtos para sacarlles o máximo beneficio e polo tanto, deberá ser tamén de proximidade: é dicir, que poderemos atopalo no comercio local”, afirmaba a técnica de Sanidade, Luísa Rodríguez Arias.

O programa desenvolverase en cinco sesións de tres horas, incluíndo sempre un sábado para visita e paseo, e levarase a cabo en cada estación (outubro, xaneiro, abril e xuño). As clases estarán dirixidas por técnicos de prevención e promoción da saúde, nutricionistas e cociñeiros especialistas en nutrición, así como por especialistas específicos: micólogos, plantas mediciñais etc.

As clases prácticas neste outono, do 18 ao 22 de outubro, contarán coa visita e compra de alimentos no mercado municipal (sempre a pé), elaboración de receitas saudables e, como non, degustación ao remate de cada sesión. As clases impartiranse na Aula Municipal de Cociña 'Singular Kitchen', e anotarse é sinxelo: nas concellerías de Sanidade e Xuventude, e de balde.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00