Emisoras

Buscador de emisoras

Ir

Selecciona tu emisora

Radio Lugo

Natxo Lezkano: “témonos que centrar xa en Lleida”

Lezkano está sorprendido coa boa xeira de resultados tan cedo

Natxo Lezkano, adestrador do CB Breogán (centro)

Natxo Lezkano, adestrador do CB Breogán (centro) / CB Breogán

Aínda dixerindo a gran victoria do Cafés Candelas Breogán ante o Quesos Cerrato Palencia, o preparador celeste, Natxo Lezkano, apuntou que o equipo chegará a Lleida case sen adestrar.

O adestrador vasco sinalou que o Lleida fixo unha pretempada moi boa, cun moi bo equipo e xogadores "con gran impacto ao comezo da competición". "Non me sorprende o seu rendemento", sinalou Lezkano.

En relación ao encontro ante Palencia, Lezkano apuntou que "temos que corrixir algúns erros, porque o partido perfecto é moi difícil que se de". Ao xogar contra un dos equipos máis esixentes da liga "florecen os erros, e iso ten que servir para aprender".

En relación á incorporación de Jorge Romero apuntou que "agardo que se integre rápido, porque Salva Arco está con algúns problemas físicos". A día de hoxe, o 14 celeste "está moi dolorido, aínda que agardo que se recupere e poida botarnos unha man en Lleida".

Lezkano está sorprendido polo rendimiento "INMEDIATO"

Jose Areñas / Jesús Penelas

O adestrador vasco do Breogán, Natxo Lezkano, recoñeceu estar sorprendido porque chegue tan cedo esta boa xeira de resultados. Segundo apunta, era coñecedor da calidade dalgúns dos seus xogadores, pero a falta de pretempada era un lastre para que os xogadores se compenetrasen e se coñecesen.

"Non estaba seguro de que este rendemento fose tan inmediato", apuntou Lezkano, quen declarou que os xogadores "están disfrutando na pista", e a "mellora do equipo pasa pola mellora na defensa e no coñecemento de detalles nos que aínda estamos verdes".

Comentarios Normas

comentarios

Para poder comentar debes estar registrado y haber iniciado sesión

Regístrate ¿Por qué registrarse?