Política
Ayuntamientos

Adxudicado o servizo de axuda no fogar do Concello

A empresa Valoriza ofertou unha baixa do 3,39% nos prezos da hora de asistencia, que estaban fixados en 15,60 euros.

A empresa Valoriza ofertou unha baixa do 3,39% nos prezos da hora de asistencia, que estaban fixados en 15,60 euros. / Radio Ourense- Cadena Ser

Ourense

O servizo de axuda a domicilio, que presta atención a 720 veciños e veciñas da cidade, foi adxudicado pola xunta de goberno local do Concello de Ourense á empresa Valoriza Servicios a la dependencia S.L. Logo de presentar a oferta mellor valorada tanto na parte técnica coma na proposta económica por parte da mesa de contratación. O orzamento de licitación, de 2,89 millóns de euros anuais, contaba como parámetro o prezo por hora de traballo, estimado polos técnicos en 15,60 euros por hora. A empresa ofertou unha baixa do 3,39%, tanto nas horas ordinarias como extraordinarias.

O servizo de axuda a domicilio persegue promover a independencia e autonomía persoal dos dependentes, de xeito que podan permanecer no seu propio domicilio o maior tempo posible, mellorando a súa calidade de vida. Para iso proporcionáselles unha atención profesional individualizada, de carácter preventivo, asistencial e rehabilitador, que inclúe atención persoal (hixiene personal, mobilización dentro do fogar, axuda na toma de alimentos, entre outras), tarefas de atención doméstica (limpeza da vivenda, adquisición de alimentos e preparación de comidas, mantemento básico de utensilios domésticos e de uso persoal) e prestacións máis especializadas.

Contratación

O da axuda no domicilio foi un dos 37 asuntos achegados polos diferentes servizos municipais que abordou a xunta de goberno desta mañá. No apartado de contratación, adxudicouse o arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños As Termas na Praza 200 por un importe de 4.300,00 euros/anuais.

Ademais, aprobouse o expediente para contratar mediante procedemento aberto o servizo de xestión do centro de visitantes de Montealegre por dous anos máis outros dous anos prorrogables. O prezo é de 11 euros por hora máis IVE, e a previsión de horas por ano é de 2.047. Os obxectivos que se pretenden acadar son os de prestar un servizo de información e de orientación para os visitantes; dar a coñecer e pór en valor os diferentes valores ambientais, históricos e socio-culturais de Montealegre; e promover a toma de conciencia do coidado ao medio ambiente desde unha actitude de respecto do espazo verde. En definitiva: Sensibilizar no respecto á natureza nas zonas verdes urbanas, educando en el uso responsable de estes espazos.

Praza de Abastos da Ponte

Fóra da orde do día, aprobouse o expediente para licitar, mediante procedemento aberto, a contratación da concesión administrativa da xestión integral da Praza de Abastos nº2, no barrio da Ponte. Logo de quedar deserta o 28 de abril, “a vontade do goberno municipal de acadar consenso cos grupos de PSOE e Ourense en Común, na comisión de seguimento que se constituíra para este fin, permitiu fixar novos criterios para volver a licitar este proxecto”, recoñecía o rexedor.

O modelo acordado será o de xestión integral, que consistirá en que esta será adxudicada a unha empresa, SL ou UTE (que poden ser constituídas por comerciantes ou asociacións), sendo a adxudicataria quen busque os comerciantes que ocupen os oito postos e a propia cafetería do recinto. O canon anual (tipo mínimo de licitación) que fixa o Concello á adxudicataria será de 45.410,79 € anuais IVE engadido. No anterior prego era de 52.737,85 € anuais, IVE incluído. Establécese, do mesmo xeito, unha redución dos horarios de apertura, pasando das 16 horas contempladas anteriormente ás 12 horas que contempla este novo prego, cun mínimo de 8 horas. Tamén se cambiaron os criterios de valoración, aumentando os puntos do modelo de xestión.

Xurídico

En conxunto, os asuntos máis numerosos correspondéronse coa avogacía consistorial. Abordáronse oito sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nas que estima os recursos contencioso-administrativos interpostos por diferentes empresas e particulares contra o decreto 187/2011 de 29 de setembro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia polo que se suspendía parcialmente a vixencia do Plan Xeral de Ordenación Urbana e se aprobaba a ordenación urbanística provisional. As sentenzas anulan dito decreto. Contra estas sentenzas cabe interpoñer, ben ante o Tribunal Supremo, ben ante a correspondente Sección desta Sala do TSXG, o recurso de casación previsto no artigo 86 da Lei xurisdicional, no prazo de trinta días.

Por outra banda, déronse a coñecer dúas sentenzas favorables ao Concello: a desestimación do recurso presentado por unha empresa de transportes contra o acordo da xunta de goberno local de marzo de 2015 que lle denegou licenza de ocupación/apertura para unha instalación de lavado na estación de servizo de Reza (cabe interpoñer recurso de apelación). Pola outra, o TSXG desestima a petición de medidas cautelares por parte dun empresario de hostalería (titular da Cafetería Vega 70) ao que o Concello ordenou retirar os veladores.

Ademais, outra sentenza do TSXG estima o recurso dunha academia contra a disposición do Plan de Urbanismo de 1986 que establece esixencias distintas para un centro de ensino en función de que teña máis ou menos de 50 prazas. O Concello decidiu allanarse á petición da academia (é dicir, recoñecendo as pretensións da mesma), por acordo do Pleno do 5 de xullo de 2013, cos votos favorables de PP, PSdeG-PSOE e BNG e abstención de DO. O Xulgado estima nesta sentenza a pretensión da academia.

En asuntos relacionados con persoal o Tribunal Supremo ditou auto no que inadmite o recurso de casación interposto pola Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta contra a sentenza do TSXG sobre o despido dun ex traballador do albergue de peregrinos de Ourense que xa fora indemnizado por orden do Xulgado do Social. O auto é firme, e o traballador non será readmitido. Ademais, o Concello foi emprazado para comparecer en calidade de demandado ante o Contencioso-Administrativo núm. 1 de Ourense, en dous procedementos abreviados: O interposto por un bombeiro contra a resolución da Concellería de Persoal e Recursos Humanos de nomeamento de sete cabos do servizo de extinción de incendios, e o interposto pola Sociedad Cooperativa de Viviendas Unifamiliares Portovello contra a Resolución do Tribunal Económico-Administrativo que deu lugar a unha dilixencia de embargo polo non pagamento do IBIs. Ambos xuízos celebraranse o día 10 de xaneiro.

Finalmente, o Concello deberá persoarse en calidade de demandado ante o Xulgado Social núm. 4 de Ourense no procedemento interposto por un traballador do Pavillón que alega unha modificación substancial das condicións de traballo froito da reorganización aplicada polo Consello Municipal de Deportes, e pasará a traballar de luns a domingo, descansando xoves ou venres. O xuízo será o día 25 do presente mes de outubro, un día antes

do que terá lugar no Contencioso Administrativo polo expediente de patrimonio tramitado a instancias da denuncia dunha veciña por danos causados no muro de peche da súa vivenda.

Licenzas urbanísticas

No apartado de licenzas urbanísticas, a xunta de goberno desta mañá deulle luz verde á instalación de ascensores en tres edificios: un na rúa Alfonso X O Sabio 9, Avda. de Zamora 105 e rúa Río Tamega, 26.

Denegóuselle licenza urbanística a unha particular para segregación de local, xa que non se poden conceder licencias de segregación en edificios fóra de ordenación e, segundo o informe da arquitecta municipal de 6/7/2015, o solicitado afecta aos inmobles nº 27 e 29 da rúa Juan XXIII os cales están en situación de fóra de ordenación. No sentido contrario foi a licenza para segregar unha finca matriz en dúas fincas no barrio no Barrio Vello, en O Pino.

Ademais, déuselle licenza urbanistica de ocupación do edificio da rúa Progreso 105- 107 e licenza urbanística en vía de legalización e obras de ampliación de subestación eléctrica de Unión Fenosa en Palmés.

Disciplina

Requiríuselle novamente a un particular que, no prazo de tres meses, proceda a demoler as obras executadas por non adecuarse ás condicións físicas que fixaba o proxecto de obras e non presentar o oportuno proxecto de legalización. “Impónselle unha multa coercitiva de 2.500€, xa que é o terceiro aviso”, comentaba Vázquez Abad.

Patrimonio

A xunta de goberno deu conta na mesma sesión de 6 asuntos relacionados con danos causados no mobiliario urbano da cidade por diferentes vehículos. Un fito de regulación do tráfico na rúa Victoria Kent (danos por valor de 84,03 €), un sinal de tráfico en Leiras Pulpeiro (180,05 €), alumeado público na avenida de As Caldas (2.048,29 €), sinal de tráfico na rúa doutor Fleming (189,55 €) e unha árbore na rúa Escultor Faílde (804,60 €) así coma un sinal de dirección na avenida de Portugal (151,25 €) en concepto de indemnización

Xestión económica

Noutros asuntos da orde do día, aprobouse unha modificación orzamentaria na utilizando a figura dos créditos extraordinarios por importe de 87.120,00 € para o pago pendente á empresa redactora do PXOM para a súa adaptación á nova Lei do Solo de Galicia

Lanzaderas

Na área de promoción de emprego, aprobouse un convenio de colaboración coa Fundación Sta. Mª la Real del Patrimonio Histórico para a implantación do proxecto Lanzaderas de Empleo no marco do proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Fundación Telefónica.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00