Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A policía local necesita novos vehículos

Na actualidade estase prestando servizo nocturno cun só vehículo patrulla dotado con mampara

Na actualidade estase prestando servizo nocturno cun só vehículo patrulla dotado con mampara / Radio Ourense- Cadena Ser

Na actualidade estase prestando servizo nocturno cun só vehículo patrulla dotado con mampara

Ourense

Desde o Sindicato Profesional de Policías Municipais de España en Ourense (SPPME-Ourense), sindicato maioritario da Policía Local de Ourense, denuncian novamente o  estado precario do Parque móbil da Policía Local de Ourense.

Na actualidade estase prestando servizo nocturno cun só vehículo patrulla dotado con mampara (noite do 3 de decembro), esto significa que nunha noite dun venres que xunto os xoves e os sábados sos as noites de mais actividade nocturna por parte da Policía Local de Ourense, no caso de que paralelamente haxa dous servizos nos cales haxa detidos non se podería realizar o traslado, xa que non habería que avisar a unha patrulla da Policía Nacional ou habería que desprazar o detido nun furgón de atestados co risco que supón para a integridade dos policías e para a seguridade do propio detido.

Así mesmo non entenden que o goberno municipal non licite vehículos patrulla e se escuden en escusas de que os procesos de adquisición de vehículos son largos, cando en menos dun mes se sacan concursos como foi por exemplo o recentemente estreada iluminación de Nadal.

Reiteran novamente que o Concello de Ourense axilice os procesos para sacar a concurso alomenos 6 vehículos patrulla e 3 furgonetas de atestados xa que senón desta maneira non se poderán garantir o cumprimentos dos servizos por parte da Policía Local de Ourense, máxime cando aparte das eivas no relacionado aos medios técnicos, tamén desde o Concello e desde a propia Xefatura da Policía Local pretenden reducir as patrullas nocturnas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir