¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Ana Lombardero: "a cultura de base estase desprofesionalizando"

Entrevista sobre as conclusións do encontro de representantes da cultura galega no Parlamento Europeo a raíz dun convite de AGE

Representantes da cultura galega no Parlamento Europeo coa Eurodiputada Lidia Senra /

Unha comitiva de cincuenta persoas do mundo da cultura galega participaron do 6 ao 8 de decembro nun encontro sobre cultura no Parlamento Europeo, grazas ao convite da deputada de Alternativa Galega de Esquerda, Lidia Senra.

Artistas, músicos, profesores e membros de asociacións culturais puxeron enriba da mesa os problemas que se presentan en Galicia para o desenvolvemento cultural e compartiron experiencias de cara á busca de solucións.

Ana Lombardero viaxou a Bruxelas como representante do asociacionismo de Muimenta (Cospeito). Nesta entrevista emitida o sábado 17 de decembro na Mesa de Redacción de Hora 14 Lugo expón as conclusións do encontro e ofrece algunhas das claves para garantir un futuro digno para a cultura galega.

Ao seu xuízo, a falta de cultura de base está sufrindo o problema da desprofesionalización por falta de fondos e pouca concienciación social para pagar pola oferta e os servizos culturais.

Cargando