¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Xunta e Deputación colaborarán na posta en marcha do transporte metropolitano

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.

Durante a reunión, a administración autonómica e a provincial afondaron nas distintas liñas de cooperación institucional que manteñen abertas e avanzaron que nas próximas semanas asinarán dous novos convenios de colaboración. O primeiro deles destinarase á mellora de centros educativos, e contará cun importe total de 600.000 euros. O segundo acordo impulsará un Plan de infraestruturas deportivas para a provincia, e estará dotado cun millón de euros.

Ademais, abordáronse outros asuntos de interese para a provincia, como a fase na que se atopa a tramitación de cara á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial pola Unesco; a entrada do AVE; ou a colaboración de Xunta e Deputación para o sistema de neve artificial da estación de esquí de Manzaneda.

En definitiva, e segundo coincidiron ambas partes ao termo da xuntanza, tratouse dun encontro frutífero que permitiu avanzar e concretar novos aspectos da cooperación entre ambas administracións.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?