¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

ÚLTIMA HORATiroteo en las inmediaciones de la estación de tren de Nimes

O Concello amplía a oferta de actividades infantís

Será nos centros cívicos e no CIMM para axudar a conciliación familiar en Semana Santa.

Será nos centros cívicos e no CIMM para axudar a conciliación familiar en Semana Santa /

O Concello de Ourense amplía a oferta de actividades para nenos e nenas que organizará durante a próxima Semana Santa nos centros cívicos e Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM).

Os centros cívicos (Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo) organizan, coma en anos anteriores, obradoiros nos que cativos e cativas poderán participar en actividades de lecer durante as súas vacacións escolares (os días 10, 11, 12 e 17 de abril), de 11 a 13:30 horas. Como novidade, e reforzo destas, o Concello organizará tamén nos centros cívicos a actividade “Espazo Coeduca”, que se desenvolve habitualmente no CIMM, desde as 9:00 ata as 11:00 horas.

A oferta de actividades estenderase así desde as 9:00 ata as 13:30 horas, coa finalidade de contribuír a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

As persoas interesadas poden recoller e presentar as súas solicitudes de inscrición nos propios centros, ata o 7 de abril.

Por outra banda, o Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) sito na rúa do Ensino, 24, acollerá nunha nova edición de Espazo Coeduca, aínda que ampliando tamén os horarios, que serán de 9 a 13:30 horas.

Espazo Coeduca é un programa socioeducativo que o Concello vén desenvolvendo desde 2012 no CIMM, dirixido a escolares de 4 a 12 anos e as súas familias, durante períodos de vacacións, cun triplo obxectivo:

- De cara ás nenas e aos nenos: crear un espazo de aprendizaxe, lúdico e creativo, onde se desenvolvan actividades que posibiliten que as nenas e nenos se sintan protagonistas do seu propio proxecto vital e que lles permitan vivenciar que o feito de ser mulleres ou homes ten a mesma importancia.

- De cara ás familias: ofrecerlles un espazo alternativo e igualitario, de aprendizaxe e lecer, adaptado ás necesidades e aos tempos das familias, así como á súa conciliación, onde se pretende concienciar a nais e pais sobre os estereotipos e expectativas que inconscientemente poden transmitir ás súas fillas e fillos condicionando o seu desenvolvemento persoal.

- Respecto á sociedade: ofrecer un espazo que fomente a educación equitativa e igualitaria en liberdade e a convivencia coa diversidade, promovendo un modelo coeducativo onde non teña cabida ningún tipo de discriminación.

Aula de Oira e bibliotecas

O Concello organiza tamén actividades de conciliación na Aula da Natureza do Río Miño, para alumnado de Educación Primaria, os días 10, 11, 12 e 17 de abril de 10.00h a 13.00h e de 16.00h a 19.00h, e nas bibliotecas Municipais (para escolares de 4/10 anos):

  • · A Carballeira: Sábado 8 de abril de 11.00h a 13.00h e o 10, 11, 12 e 17 de abril de 10.00h a 13.30h
  • · A Ponte: sábado 8 de abril de 11.00h a 13.00h e o 10,11e 12 de abril de 10.00h a 13.30h
  • · San Francisco: 10, 11 e 17 de abril de 10.00h a 13.30h

As actividades son gratuítas e o prazo de inscrición está aberto ata o día 7 de abril na Concellería de Educación (para a Aula de Oira) e nas propias bibliotecas.

Cargando