¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Óscar Ibáñez en Radio Pontevedra

Interpreta "Aires de Pontevedra", homenaxeando a Ricardo Portela no XXV aniversario do seu pasamento

Óscar Ibáñez presenta o seu novo traballo discográfico titulado "Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela - 25 Aniversario Pasamento", para homenaxear a Gaiteiro de Viascón co gallo da sinalada efeméride que se cumpriu o pasado 24 de marzo de 2017.

O disco contén unha escolma de 20 temas representativos do repertorio do Gaiteiro de Viascón presentes nos discos "Irmáns Portela", Festa en Viascón", "Alborada en Cotobade", "Instrumentos Musicais Populares Galegos" ou "Galiza a José Afonso" xunto con outras pezas que Oscar Ibáñez rescatou de diferentes gravacións inéditas. Esta escolla foi gravada polo de Poio coa gaita orixinal de Ricardo Portela, na tonalidade de Dó díese e de dixitación pechada.

Consciente da responsabilidade que supuña o proxecto, Oscar Ibáñez interpretou este repertorio respectando o singular toque pechado de Ricardo Portela, achegándose o máis posible ao seu estilo, técnica interpretativa e ornamentación, polo que para levar a cabo o proxecto elaborou un longo traballo previo de análise e transcrición tanto das melodías como da ornamentación empregada por Ricardo Portela nos temas seleccionados

Cargando