¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Avances na RPT

A Relación de Postos de Traballo é aprobada co 67% dos votos favorables dos sindicatos e só un 11% en contra.

A Relación de Postos de Traballo é aprobada co 67% dos votos favorables dos sindicatos e só un 11% en contra. /

A adaptación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Ourense deu un paso adiante coa aprobación na mesa de negociación na que participan o Concello e as centrais sindicais. O goberno municipal atenderá a demanda trasladada polos sindicatos de constituír unha comisión técnica que iniciará os traballos para unha nova RPT.

Tras varias xuntanzas mantidas durante os últimos meses, o expediente de modificación da relación de postos de traballo para adaptala á lexislación vixente (a Lei da Función Pública de Galicia de 2015), aprobouse en mesa de negociación cos votos favorables do 67% dos representantes con voz e voto da mesa social, con 22 abstencións e só un 11%, correspondente a un sindicato, en contra.

O goberno municipal atenderá a demanda realizada polos sindicatos e asume o compromiso de iniciar os traballos para realizar unha nova RPT.

Con esta finalidade, constituirase mañá martes, 18 de abril unha comisión técnica, na que participará un representante de cada sindicato, coa finalidade de iniciar os traballos para realizar unha nova relación de postos de traballo, revisando postos, funcións e demais aspectos precisos para adaptar o documento ás necesidades presentes e futuras do Concello

“Despois do longo proceso de traballo realizado na mesa de negociación, quero agradecer aos sindicatos a súa actitude, boa vontade e compromiso para buscar unha saída a un tema que a todos nos preocupa _asegura a concelleira de Recursos Humanos, Flora Moure_ Agardamos que co traballo que se vai desenvolver nesta nova comisión técnica se podan satisfacer as súas demandas”. A xuntanza do martes servirá tamén para fixar un calendario para avanzar nos traballos a realizar.

Cargando