¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Un acordo permite a modernización do polígono do vinteún

As obras, nas que a Xunta investirá 700.000 euros, permitirán a mellora de pavimentos, iluminación e redes de abastecemento e telecomunicacións.

As obras, nas que a Xunta investirá 700.000 euros, permitirán a mellora de pavimentos, iluminación e redes de abastecemento e telecomunicacións. /

As obras do polígono do Vinteún, nas que a Xunta investirá 700.000 euros, consistirán na mellora da pavimentación de calzadas, zonas de aparcamento e beirarrúas; e das redes de abastecemento de auga e gas. Tamén se ampliará a rede de saneamento e se instalará iluminación exterior, así como novas redes de telecomunicacións.

Con este proxecto reformaranse as infraestruturas existentes máis necesarias, posibilitando así melloras substanciais, tanto desde o punto de vista da mobilidade, como de seguridade e servizos.

Así, a adecuación contempla a reposición da pavimentación, saneamento, abastecemento, alumeado público, telecomunicacións e sinalización.

Como datos relevantes:

  • · Superficie de viario: 10.378 m2 de reposición.
  • · Bocas de incendio: 18 bocas de rego e 6 hidrantes.
  • · Lonxitude saneamento: 655 metros tubería PVC .
  • · Lonxitude abastecemento: 1.260 metros tubería fundición dúctil.
  • · Nº puntos de luz: 37 luminarias LED e báculos metálicos de 8 metros de altura.
  • · Lonxitude canalización R: 933 metros.
  • · Lonxitude canalización Telefónica: 1.238 metros.
Cargando