¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Directo: Barcelona B - Cafés Candelas Breogán

Sigue en directo o encontro da penúltima xornada da Leb ORO entre o filial do Barcelona e o Breogán, este venres a partir das 9 da noite dende a Cidade Deportiva Joan Gamper, cos comentarios de Jesús Penelas

Retransmisión Barcelona B - Cafés Candelas Breogán /

O Cafés Candelas Breogán disputa este venres a partir das 9 da noite a penúltima xornada da fase regular da LEB Oro. Mídese na Cidade Deportiva Joan Gamper ao FC Barcelona B co obxectivo de vencer o encontro e agardar un pinchazo do GBC Gipúzkoa ante o Leyma Básquet Coruña e que se decida o campionato na última xornada.

Os de Natxo Lezkano chegan ao encontro coa máis que posible baixa de Fakuade, con unha forte dor de xeonllo. Ademáis, Franch pisará por primeira vez o parqué na semana en Barcelona, tras distintas molestias que o tiveron apartado dos adestramentos.

O Cafés Candelas terá diante a un Barcelona B que chega ao partido logo de acadar a permanencia a pasada xornada ao gañar ao Lleida. Os culés son outro equipo dende a chegada de Dago Peña e do pivote ucraíno Volodymyr Herun, asinados mediada a campaña.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?