¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

O PSOE esixe a convocatoria da comisión do AVE

Os socialistas consideran necesario que se convoque e informe aos axentes políticos, económicos e sociais da cidade ante as últimas noticias sobre a chegada do AVE.

Os socialistas consideran necesario que se convoque e informe aos axentes políticos, económicos e sociais da cidade ante as últimas noticias sobre a chegada do AVE. /

Este pasado martes 18 de Abril, o GMS rexistrou unha petición urxente dirixida ao Alcalde na que se require a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento das Obras do AVE a Ourense, despois de todas as información e novidades feitas públicas nas últimas semanas sobre as mesmas.

Cabe recordar que esta Comisión decidiu constituírse por parte do Goberno Municipal en Decembro de 2016, despois de que o voceiro do GMS José Ángel Vázquez Barquero iniciara unha rolda de contactos con diferentes colectivos da nosa cidade ante a parálise e inacción do Alcalde ante as modificacións no proxecto previsto para a chegada da Alta Velocidade a Ourense por parte do Goberno do Estado. A motivación socialista foi a necesidade de velar e salvagardar un proxecto estratéxico e fundamental para o futuro desenvolvemento socioeconómico da nosa cidade, e contou co respaldo de todos os colectivos contactados na cidade.

En calquera caso, a iniciativa socialista xa viña dende o ano 2015, cando un acordo plenario adoptado pola maioría da corporación a través dunha moción presentada polo PSOE respaldaba a creación desta Comisión de Seguimento, e que o Alcalde durante este tempo decidiu obviar e mirar para outro lado, facendo política de seguidismo e sumisión ás decisións que dende o seu partido no Goberno do Estado e da Xunta de Galicia se tomaban a espaldas de todos os ourensáns.

Finalmente, a primeira e única reunión celebrada o pasado 17 de febreiro de 2017, rematou co acordo unánime do mantemento do proxecto de variante exterior e coa falta de concreción dos prazos e da documentación posta a disposición dos colectivos por parte do Alcalde e o Goberno do PP. Dende aquelas, nada se sabe, e o Goberno do PP prefire optar pola calada ante as distintas informacións publicadas recentemente sobre a chegada provisional do AVE a Ourense, co cal nos vemos na obriga de esixir que se proceda a convocar de maneira urxente esta comisión, para maior transparencia e a poder ser para unha maior operatividade, que tamén estean presentes representantes da Xunta de Galicia, do Ministerio de Fomento, de ADIF e de Renfe, ademais de que se convide aos representantes sindicais da cidade; para poder analizar conxuntamente e coa maior información posible as medidas a levar a cabo ou trasladar aos distintos organismos para acadar o mellor proxecto para a integración do AVE para Ourense, por riba de calquera interese partidista e sempre primando o interese xeral dos nosos veciños.

Cargando