¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

ATLETISMO

Milla urbana solidaria por o centro de Ourense

A Milla Urbana percorrerá o centro de Ourense por unha causa solidaria: a loita contra o cáncro

Foto correspondiente a la tercera edición de la carrera en Ribadavia. Este evento lo organizaba el Club Aurum con gran éxito. El 30 de abril, Ourense Milla Solidaria, por las céntricas calles de la ciudad /

O Consello Municpal de Deportes acolleu, a presentación da proba, Ourense Milla Solidaria 2017, organizada polo Club Deportivo Aurum en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e do Concello de Ourense. Trátase dunha carreira popular pedestre que se disputará en Ourense o vindeiro domingo, 30 de abril, na rúa do paseo, sobre un circuito homologado pola RFEA.

Ourense Milla Solidaria 2017 desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuito homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia.

Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares. As inscricións estarán abertas até o 26 de abril de 2017 ás 20.30 horas.

A recollida de dorsais farase no Centro Cultural José Ángel Valente o mesmo día da proba as 10:00horas.

Pero é sobre todo, unha iniciativa solidaria: Todos os ingresos en concepto de inscricións serán destinados á Asociación Española Contra o Cáncro, unha entidade non lucrativa que lídera o esforzo da sociedade española para diminuír o impacto desta enfermidade e mellorar a vida das persoas.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?