¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

O blog de Henrique Rabuñal

Estefanía e as vidas rotas

Comezou o seu camiñar o Foro de debate e opinión de Radio Coruña cunha representación moi plural e moi ampla da vida coruñesa, galega e metropolitana.

O xornalista e economista Joaquín Estefanía deléitanos coa súa voz sosegada e limpa e cunha intelixencia tan poderosa como tímida. Joaquín asina exemplares do seu libro (Abuelo, ¿cómo habéis consentido esto?), resúmeo, replica as achegas de González Laxe e ofrécese incesante e agarimoso a quen quere facerlle unha pregunta, unha suxestión ou un reproche.

Estefanía verbaliza, case debuxa, as profundas cicatrices da crise e o feixe de vidas rotas que será difícil recompoñer. O universo que describe é real: pobreza, paro, desigualdade, precariedade, desprotección e como síntoma transversal a desconfianza.

Vidas rotas da nosa mocidade, vidas rotas das mulleres, vidas rotas dos maiores de 45 anos e eu engadiría tamén as vidas rotas deses maiores que renuncian a unha parte da súa exigua pensión para coser as vidas dos seus.

Di con razón Joaquín que a esta Europa lle falta un piar básico, o social, que retrocedemos como sociedade en dereitos de todo tipo, que existe unha fenda xeracional entre a xente nova e a maior, que temos que equilibrar a tensión entre democracia e capitalismo. Certo, eses opacos mercados gobérnano todo.

O panorama é preocupante, coa crise europea da socialdemocracia ás veces con propostas cuspidiñas ás dos conservadores e cunha ultradereita que se fai forte no continente e que aínda sen gobernar inflúe xa na axenda política global.

Quedaron moitos asuntos por abordar como as novas organizacións e alianzas políticas que agromaron nestes anos. O Foro promete novos debates ligando o local e o universal, compartindo incertezas e análises, polifonicamente como ben dicía o alcalde Ferreiro.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?