¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Veciños da estación piden reforzar a seguridade viaria da N-120

  • A Asociación Veciñal As Termas pedirá por rexistro este luns reforzar a seguridade viaria da N-120
  • no entorno das Vivendas Sociais xunto a Estación de Autobuses.

A Asociación Veciñal As Termas pedirá por rexistro este luns reforzar a seguridade viaria da N-120 no entorno das Vivendas Sociais xunto a Estación de Autobuses. /

O pasado venres tivo lugar un novo accidente de tráfico na N-120 ó seu paso pola Estación de Autobuses da cidade.Nesta ocasión o suceso, que non sorprendeu aos veciños da zona ao ser habituais as saídas de via, que requeriu da intervención da Policia Local só causou danos materiais no único vehiculo implicado e nas barreiras de protección da estrada.

Por ese motivo a Asociación Veciñal As Termas,situada na urbanización de vivendas sociais xunto a Estación de Autobuses, pedirá este luns por Rexistro no Concello e na Unidade de Estradas do Ministerio de Fomento reforzar a seguridade viaria da N-120 a altura do p.km 571. Entre as medidas que solicitan no escrito esta a reducción da velocidade nese tramo que a pesar da proximidade das vivendas actualmente esta a 100.Ademáis solicitan a instalación de bandas rugosas así como o desbloqueo do proxecto que acondicionaria a N-120 como estrada urbana nese tramo.Unha estrada que no caso da Urbanización xunto a Estación de autobuses exerce de verdadeira muralla e que fai que acceder a zona termal ou ao resto do barrio de A Ponte sexa unha verdadeira xincana.

Dende a Asociación Veciñal As Termas recordan en palabras do seu presidente Ángel Gómez: “Estamos cansos de que a recurrente promesa de convertir a N-120 nese tramo nun Bulevar sexa excusa para que se mellore xa a seguridade en este tramo” ao que engade “Non descartamos reunirnos con outras aavv afectadas e reclamar conxuntas melloras para esta Estrada antes de que haxa que lamentar danos maiores.”

Cargando