¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

FÚTBOL GAÉLICO

O Auriense ascende a primeira división

Na xornada deo domingo, no campo da Universidade, o Auriense conseguía un fito histórico na súa segunda tempada oficial na liga galega, o ascenso a primeira división do Fútbol Gaélico

O Auriense, conseguía un fito histórico na súa segunda tempada oficial na liga galega, o ascenso a primeira división /

A victoria do Auriense, contra o Dorna da Illa de Arousa, tercer clasificado, permitiu confirmar o ascenso na derradeira xornada de liga, acompañando deste xeito á categoría superior o Mecos de O Grove.

Con este triunfo e ascenso, culmínase un ano espectacular nun club con tan só tres anos de vida en competición oficial, o cal unha semana conseguía un 5º posto na copa galega en masculñino, e 4º en feminino.

Tamén, unha tempada na que a selección galega e francesa disputaron un amistoso no Campo da Universidade, que foi o primeiro partido fóra de Irlanda en ser retransmitido en directo por unha canle de televisión.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?