¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

O Goberno adianta a segunda reunión

O alcalde, Jesús Vázquez, fai un chamamento “á vontade dos grupos para buscar puntos de encontro. Porque entorpecendo a aprobación dos Orzamentos non perxudicamos ao Goberno Municipal, perxudicamos á cidade enteira”

O alcalde, Jesús Vázquez, fai un chamamento “á vontade dos grupos para buscar puntos de encontro". /

O Goberno Municipal adianta ao venres a segunda reunión (prevista inicialmente para o día 23) para negociar o proxecto de Orzamentos 2017, aceptando así a petición do Grupo Municipal do Partido Socialista. Deste xeito, a concelleira de Facenda, Ana Morenza, notificoulles onte luns aos grupos políticos o adianto desta reunión para este venres, 19 de maio.

Con respecto a este período de negociacións, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, fai un chamamento “á vontade dos grupos para buscar puntos de encontro. Porque entorpecendo a aprobación dos Orzamentos non perxudicamos ao Goberno Municipal, perxudicamos á cidade enteira”

Ante as insinuacións do PSOE, nas que sembrou as dúbidas sobre a presunta inviabilidade do proxecto de Orzamentos, a concelleira de Facenda, Ana Morenza, recalca que “a viabilidade está máis que garantizada” e explica a situación: “Os números negativos dos que fala o voceiro socialista veñen motivados pola conta 413 -na que se contabilizan as facturas de exercicios anteriores que non se puideron pagar no seu ano-, cuxas facturas, na súa maioría, foron aboadas con orzamentos deste ano, tal e como marca a lei. Esto provoca que as partidas teñan que ser repostas, algo ao que se nega a oposición, aínda que é ben coñecedora deste asunto, que ocorre todos os anos e que se lles informou sempre puntualmente, pois é precisa a aprobación por parte do Pleno da reposición destas partidas”.

Ana Morenza deixa claro que “o PP, cando estivo da oposición, sempre permitiu esa reposición, xa que entendía que se a lei obriga a pagar facturas con cargo ao orzamento vixente, non podía permitir que os cidadáns e proveedores fosen os únicos perxudicados. Por iso estráñanos que o grupo da oposición que tivo recentes responsabilidades de goberno debería actuar con coherencia e procurar non perxudicar aos cidadáns coas súas decisións, motivadas por presións e diatribas de índole exclusivamente política”.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?