¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Momento coruñento

Políglotas somos nós

En Galego sen límites, mañá é o Día das Letras, data de celebración e, desgraciadamente, de reivindicación. Un ano máis cómpre redundar nos mesmos argumentos: Que pese a todos os tópicos e prexuízos, A Coruña resulta ser a cidade con maior número de galego-falantes de todo o país. Que, aínda que o goberno Xunta do Partido Popular considere que o galego non serve para as matemáticas, con esas mesmas palabras os enxeñeiros en Brasil están armando agora mesmoos máis revirinchados algoritmos de física cuántica. Ou que son as persoas que máis valoran o galego – a xente nova- as que menos o falan. Algo terá que ver pois a indolencia dos adultos.

En Galego sen límites, retrouso da manifestación que percorrerá mañá as rúas de Compostela.

Non existe mellor camiño para chegar a ser realmente políglotas que coñecer varias linguas dende a infancia. Inmensa avantaxe pois para os que vivimos nesta parte do mundo.

Que conste, ademais, que en contactos e aprendizaxe doutros idiomas somos absolutamente pioneiros, precisamente porque levamos moitos séculos percorrendo os camiños do mar.

Xa saben que abordo dos barcos naceu un auténtico galinglish. A návalla chámase a esnaifa, o cepillo é o brus. E pola parte de Palmeira, cando algo presta moito, dise: iso laiquéacheme ben. Directamente do inglés: to like.

Triúnfa en Madrid un famoso publicista natural de Foz, coñecido na súa terra como Piti. O alcume é herdado do pai:Pitinglis. Cando andaba ao mar, no Gran Sol, precisaron víveres, en concreto manteiga. Cumpría alguén que falase inglés, ofreceuse el e comentou, moi disposto, pola telefonía: Pitinglish, manglish, manteca de flandes!

Imos agora co grego. Contoumo un veterano da banda de Laxe. Entraron no Pireo nun barco na mercante. Preguntaron se había abordo alguén que dominase a lingua do país, ofreceuse un veciño. Escoitou con paciencia as preguntas do funcionario de aduanas... e contestou de seguido:

Ma que cosa diche, leré!

Nesta academia oceánica imos con linguas aínda máis exóticas. Comentoumo Carlos da tenda La Naval, e quedou rexistrado para a historia nunha cántiga de Canzobre.

Achegouse á Coruña un barco da banda de Corea. Mais equivocou o rumbo e, en lugar de entrar pola canle do Porto, enfilou directo cara a baía do Orzán.

Entón avisouno con urxencia pola telefonía o vixía que estaba de garda na rúa do mesmo nome. Insisto, así o relatou Canzobre:

Pero o vixía ao velo entrar

Díxolle en Coreano:

Kelefunquen pela China

Que che poden atracar.

Políglotas somos nós. Feliz Día das Letras. En Galego sen Límites, polos camiños do mar.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?