¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Aberto o prazo de axudas escolares

O Concello abre prazo para solicitar axudas para libros e comedor escolar para o curso 2017/2018, ás que destinará 243.000 euros.

O Concello abre prazo para solicitar axudas para libros e comedor escolar para o próximo curso. /

O Concello de Ourense abre desde hoxe xoves o prazo para concorrer á convocatoria de axudas de libros de texto, material escolar e comedor escolar para o próximo curso 2017-2018. O anuncio da convocatoria foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do día 16 de maio, polo que se abre desde mañá un prazo de 15 días hábiles, que rematará o mércores 7, para presentar solicitudes. A convocatoria das axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión de 4 de maio, está dotada cun orzamento de 243.348,47 euros, o mesmo que o ano pasado (20.000 euros para axudas a libros de texto e material escolar e 223.348,47 euros para comedores escolares)

As axudas están destinadas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados de Ourense, cumprindo os seguintes requisitos:

 

  • · Para as axudas de libros e material escolar, estar matriculados en Educación infantil (3, 4 e 5 anos).
  • · Para as axudas de comedor, estar matriculados en Educación infantil, Primaria ou Secundaria obrigatoria e ter praza de comedor escolar no centro, no momento da concesión da axuda.
  • · Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
  • · Non superar os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con quen convive o/a neno/-a, e que sexa a única sustentadora da familia).

 

As contías das axudas en especie para libros e material escolar para Educación Infantil serán:

 

  • · 1º de Educación infantil (3 anos): 90 € por alumno/a
  • · 2º de Educación infantil (4 anos) :110 € por alumno/a
  • · 3º de Educación infantil (5 anos): 125 € por alumno/a

En canto ás axudas de comedor, nos centros públicos pagarase a totalidade do custo ata un máximo de 90 € mes e nos concertados 45 € mes, se asisten de luns a venres, tendo a obriga os pais de facer fronte ao pago da diferenza.

As solicitudes deberán presentarse, debidamente cumprimentadas, no rexistro xeral do Concello de Ourense ou por calquera medio dos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións Públicas

Cargando