¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

FINAL DE COPAEscucha el Barcelona - Alavés en 'Carrusel Deportivo'

"La edad de oro del pop español" enche de música dos 80 e 90 as festas

O grupo do coñecido Alberto Comesaña, entre outros artistas, achega o seu espectáculo

La edad de Oro del pop español /

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense co concerto de La edad de oro del pop español. O grupo formado por Alberto Comesaña, Joaquín Padilla, Pablo Perea e Chus Herranz chega a Ourense cun espectáculo que suma xa máis de 140 concertos.

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda formada por Alberto Comesaña (ex líder de Semen Up e Amistades Peligrosas), Joaquín Padilla (cantante de Iguana Tango), Pablo Perea (La Trampa) e a cantante e actriz Chus Herránz, acompañados por unha  banda de 4 músicos do máximo nivel.

Traerán ás Festas de Ourense un un extenso repaso aos temas máis populares e representativos da música pop dos anos 80 e principios dos 90 no noso país.

Desde o ano 2014, levan máis de 140 concertos realizados, e inician a cuarta temporada na estrada tras percorrer o ano pasado cidades como Xixón, Palencia, A Coruña, Pamplona, Madrid, Santander, Toledo, Cáceres.

“Sabor de amor” (Danza Invisible), “La chica de ayer” (Nacha Pop), “El límite” (La Frontera), “Hijo de la luna” (Mecano), “Déjame” (Mecano), son algunhas das cancións que compoñen o seu directo, que este ano incorpora novos temas ao repertorio e algunhas sorpresas.

Esta é a cuarta confirmación do programa de concertos das Festas de Ourense 2017, que está a elaborar a Concellería de Cultura do Concello de Ourense.

Arrancarán coa actuación de Iván Ferreiro o día 24 de xuño as  22:30 horas, trala lectura do pregón na Praza Maior.

O día 30 de xuño será outra das citas máis populares, co trío Sweet California, no Xardín do Posío. As entradas están xa á venta en ticketea.com (5€ venta anticipada e 7€ en taquilla o día do concerto).

E o día 1 de xullo terá lugar o Enofestival Ourense 2017, de 20:30 a 0:30 horas no Bulevar Termal de As Burgas. O certame márcase como obxectivo promocionar a cultura do viño, contando coa presenza de adegas e colleiteiros/as da provincia de Ourense, cun perfil definido: viños auténticos, de "autor", e un elenco musical nesta terceira edición formado pola formación ourensá MCarballo Band, The Limboos e Arizona Baby

Cargando