¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Comezan as obras de urbanización do Centro de Saúde do Couto

Os traballos terán un prazo de execución de 5 meses.

Os traballos, que foron adxudicados polo Concello de Ourense o pasado 18 de maio, terán un prazo de execución de 5 meses. /

Hoxe luns, 12 de xuño, comezan as obras de urbanización do Centro de Saúde do Couto, logo de que o Concello de Ourense e a empresa adxudicataria (Hordescon SL) asinasen o venres a acta de replanteo, paso previo imprescindible para o inicio dos traballos.

As obras foran adxudicadas en Xunta de Goberno Local o pasado 18 de maio por un importe de 479.710 euros IVE incluido, e terán un prazo de execución de cinco meses. A empresa adxudicataria presentara a oferta económica máis vantaxosa das cinco licitadoras que concorreron.

No que respecta aos traballos, construiranse novos accesos a estes equipamentos, nomeadamente ao centro de saúde, desde a rúa Bispo Lourenzo, Castro Canseco e Velázquez, instalaranse novos pavimentos, beirarrúas e espazos verdes que contribúan á humanización da contorna. Prantaranse árbores como cedros do atlas, prunus ciruelo, pradairos e chopos brancos e negros. Así mesmo, instalarase mobiliario urbano, alcorques, máis as redes de abastecemento e saneamento conectadas á rede municipal, instalacións eléctricas, e demais aspectos precisos para a completa urbanización.

Cargando