¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

XIMNASIA RÍTMICA

O cadete do Pavillón campión galego

O conxunto cadete do club ximnasia Pavillón Ourense, campión galego de promoción

Conxunto do Pavillón no pódium, na categoría cadete, no campionato galego 2017,no Carballiño /

O club ximnasia Pavillón acudía con tres individuas e catro conxuntos de nivel promoción sábado día 10 de xuño a O Carballiño.

Na xornada de mañán era o turno das categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, tanto en modalidad individual como conxuntos. Nas categorías  prebenxamín e benxamín, na modalidade conxuntos, os pódiums foron para Acordes, Maniotas e Pavillón.

Por parte da escuadra pavillonista, competían en modalidades individual Almudena Moreiras Dacosta (benxamín), Daniel Muradás Vargas e Candela Nogueiras Nóvoa (ambas de categoría alevín). Aalmudena foi proclamada subcampiona galega. Realizou o seu exercicio con moita corrección aínda que con algún erro que a apartou só unha décima do máis alto do pódium, posto que foi para Sara Uzai do Acordes.Candela e Daniela obtiveron os postos 9º e 12º respectivamente.

Na modalidade de conxuntos competían os conxuntos prebenxamín, benxamín e infantil, dous deles, formados no inicio desta tempada, estreabanse nunha das categorías de máis alto nivel (o prebenxamín e o benxamín).

O conxunto prebenxamín (Jimena, Mónica, Martina, Lía, Candela Gosende e Maya) foi subcampión galego a tan solo o,40 do ouro). O conxunto obtivo un excelente cuarto posto que crea moitas boas expectativas para estas nenas.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?