¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Aberto o prazo para solicitar axudas para a rehabilitación de edificios de vivendas

A axuda pode chegar a 11.000 euros por vivenda, sen sobrepasar o 35 por cento do orzamento

Estas axudas da Xunta están destinadas a subvencionar a realización de actuacións de rehabilitación de edificios /

A Xunta de Galicia destinará máis de 2,7 millóns de euros ás axudas de rehabilitación edificatoria incluídas no plan de vivenda, tal como establece a Orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia e pola que se realiza a convocatoria para 2017. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/SZx7xD.

Estas axudas están destinadas a subvencionar a realización de actuacións de rehabilitación, que consisten na execución de obras e traballos de mantemento e intervención nas instalacións fixas e equipamento propio, así como nos elementos e espazos privativos comúns dos edificios de tipoloxía residencial colectiva que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria, referidos á antigüidade e uso dos mesmos.

O importe das axudas poderá acadar un máximo de 11.000 euros por vivenda (12.100 euros cando se trate de edificios declarados bens de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente) sen sobrepasar o 35 por cento do orzamento da actuación. Os locais existentes nos edificios tamén se popderán beneficiar destas axudas, aplicando co mesmo importe máximo por cada 100 metros cadrados, sempre que participen no financiamento das obras. En calquera caso, o importe da subvención virá determinado polas obras a realizar.

No caso de actuacións para a mellora da accesibilidade a axuda poderá chegar ao 50 por cento do custe, pero só na partida correspondente á accesibilidade.

Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas que cumpran os requisitos establecidos.

Son subvencionables as actuacións dirixidas á conservación, á mellora da calidade e da sustentabilidade, así como á realización de axustes razoables en materia de accesibilidade, nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, establecidos no artigo 3 da Orde de 10 de xullo de 2015 (DOG 21-7-2015) na que se establecen as bases reguladoras desta axuda.

Entre as actuacións subvencionables para a conservación están as dirixidas a arranxar os problemas detectados polo informe de avaliación dos edificios ou a inspeccións técnica referidas a cimentación, estructura, instalacións, cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, así como as referentes a instalacións comúns de electricidade, fontanaría, gas, saneamento, etc. co obxectivo de adaptalas á normativa vixente.

Polo que se refire ás actuacións subvencionables para a mellora da calidade e sustentabilidade destacan a mellora da envolvente térmica do edificio, illamento térmico, substitución de carpintarías e acristalamentos, así como a mellora da eficiencia enerxética dos equipamentos e instalacións, incluíndo a instalación de equipamentos que permitan a utilizaciónd e enerxías renovables. As melloras destinadas ao aforro de auga ou a instalación de redes separativas de saneamento que favorezan a reutilización de augas grises tamén se inclúe neste apartado.

Finalmente entre as actuacións para realizar os axustes razoables en materia de accesibilidade inclúense a instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con minusvalía sensorial, así como a adaptación dos xa existentes á normativa sectorial correspondente. Tamén a instalación ou dotación de produtos de apoio, tales como guindastres ou artefactos análogos que permitan o acceso e uso por parte das persoas con minusvalía a elementos comúns do edificio, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.

Neste apartado tamén se inclúe a instalación de elementos de información ou de aviso que permitan a orientación no uso de escaleiras e ascensores e a instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a contar dende mañá.

Para optar a estas axudas é imprescindible que o edificio conte co informe de avaliación do edificio. O Diario Oficial de Galicia tamén publica hoxe a convocatoria de axudas para a súa obtención.

 

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?