¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

XUNTA DE GALICIA

Educación convoca os ‘Club de ciencia’ para estimular o espírito científico

Chegará, o próximo curso, a 30 centros con 1.200 euros para cada un

"Club da ciencia" pretender incentivar a curiosidade científica /

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar, por segundo ano consecutivo unha nova convocatoria para poñer en marcha os ‘Club de ciencia’ nos centros docentes públicos que impartan ensinanzas de educación primaria, secundaria obrigatoria ou bacharelato durante o vindeiro curso 2017/18.

O departamento educativo da Xunta de Galicia busca estender este programa de innovación a un total de 30 centros. Cada un deles recibirá unha achega económica de 1.200 euros para poder desenvolver o seu proxecto. Cómpre ter en conta que no curso actual foron dez os centros que puxeron en marcha a experiencia piloto: o IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, o CPI de Atios en Valdoviño, o IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago, o IES de Ponteceso, o IES David Buján de Cambre, o CPI Poeta Uxío Novoneira de Folgoso do Caurel, o CEIP Illa Verde de Lugo, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, o CPI de Mosteiro-Meis de Meis, e o CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis.

O obxectivo desta iniciativa pasa por fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das áreas denominadas STEM, Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.

A convocatoria, que pode consultarse na web da Consellería a través do seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/22454 , terá o prazo de solicitudes aberto ata o 29 de setembro.

O ‘Club de ciencia’ defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver problemas.

O proxecto ten que desenvolverse fóra do horario lectivo e nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente e este horario deberá cumprir, como mínimo, unha media de catro horas ao mes.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?