¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

A mellor danza internacional cítase na quinta edición do festival SóloDos

A cita será este xoves e venres no Claustro de San Francisco

Pase de Sólodos na presentación desta mañá /

O Claustro de San Francisco, un espazo con máis de 700 anos de historia, acollerá a algúns dos mellores artistas de danza contemporánea do momento. Será no marco do festival Danza no Claustro SóloDos 2017, que se desenvolverá, a partires das 8 e media da tarde, maña xoves 15 e venres 16 con entrada gratuíta.

“Trátase dunha proposta escénica exclusiva para o Claustro de San Francisco, un espectáculo de danza con artistas internacionais e locais, que farán que a visita ao Claustro sexa un evento único”, en palabras de unha das organizadoras, Maruxa Salas.

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, anima a todos os ourensáns a pasar por “este marabilloso espazo a gozar con este innovador e contemporáneo espectáculo”. Entre os artistas que pasarán polo Claustro, Esther Latorre, Hugo Pereira, César Ibarra, Daniela Vázquez, Noemí Sánchez, Elisa Medina ou a xaponesa Emi Ogura, que interpretará Madam Buttebutterfly, unha performance na que mesturará “audacia e modestia”.

Cargando