¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Cinco en Zocas no Set de Unplugged

Un grupo composto por cinco mozas de O Grove e Vilalonga que se xuntaron na pasada Festa do Marisco do concello meco

Lara, Marta, Silvia, Dunia e Andrea, forman o grupo "Cinco en Zocas". Son de O Grove, por nacemento ou por adopción, e coñécense dende nenas, por temas relacionados co folclore e a música tradicional.

Cando medraron, os estudios, traballos e diferentes cousas foronas levando por sitios distintos, ata que, o ano pasado, no 2016, se reencontraron todas, as 5, de volta outra vez no Grove ou preto. Decidiron xuntarse para tocar e pasar o rato xuntas. Así xurdiu, un pouco por casualidade, Cinco en Zocas.

Ao pouco tempo de estar quedando para tocar, xurdiulles a posibilidade de actuar no Encontro de Pandereteiras que organiza o Concello de O Grove, en outubro dese mesmo ano, enmarcado dentro do programa da Festa do Marisco.

Dende esa estrea, actuan de xeito habitual. As súas fontes son sempre os traballos de recollida feitos por elas mesmas e por outros compañeiros, nos que se vencellan á música tradicional. As pezas que montan proceden sempre do traballo de recuperación e difusión da música tradicional. Ainda que como son da opinión de que a música é un ser vivo, suxeito ao cambio, á modificación e sobre todo ao xogo, sempre meten algo de colleita propia, fuxindo un pouco da mera reproducción de aquelo que interpretan, tratando de respetar a raíz, pero imprimíndolle o seu propio carácter.

De feito, agora mesmo, están barallando a posibilidade de meter no seu repertorio pezas tradicionais de outros lugares da península ibérica, aplicándolles o mesmo plantexamento de evolución que ata o de agora veñen facendo.

Cargando