¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Concursos

Bases legais do I Concurso de Maquetas Un Deleite Musical

Radio Lugo SA (en adiante, Organización), a través da súa emisora M80 Lugo e en colaboración con LEITE NOSO, S.L.U, titular da marca DELEITE organizadora do Festival do Leite, convocan a I Edición do Concurso de Maquetas ‘Un Deleite Musical’ (en adiante, Concurso), destinado a músicos e grupos galegos de pop e rock, en todas as suas variantes, etiquetas e estilos. O concurso rexirase polas seguintes bases:

 

1.- A participación no concurso é voluntaria e gratuíta, e implica a aceptación de todas as bases polos participantes. O concurso diríxese a persoas maiores de idade que se rexistren para participar a través da web undeleitemusical.radiolugo.gal e que sexan residentes en Galicia (a totalidade dos seus integrantes). Este rexistro é totalmente gratuíto e non supón ningunha obriga de compra. Non serán aceptados nin optarán aos premios os traballos presentados por empregados de Radio Lugo SA ou familiares directos.

2.- Cada participante (grupo ou solista), deberá presentar unha maqueta cun tema nun arquivo MP3 dun tamaño máximo de 10 MB, de calqueira estilo musical.

3.- Requisito de idade: Os artistas ou os membros grupos deberán ser maiores de 18 anos. Non obstante, aceptaranse candidaturas propostas por grupos con membros menores de idade, sempre e cando estes non sexan maioría dentro da formación e dispoñan das correspondentes autorizacións.

4.- No caso de ser unha maqueta dun grupo integrado por varios membros, só poderá presentala ao concurso un deles, que será o representante do grupo. Só se admitirá unha maqueta por artista ou grupo. No caso dos grupos, deberán informar á organización dos seus integrantes e do instrumento de que tocan. Só se permitirá o cambio de integrantes do grupo por causa de forza maior debidamente xustificada.

5.- Os artistas ou grupos que participen non poderán ter editado nin distribuido comercialmente ningún traballo. Aos efectos deste concurso non se incumple o requisito no caso de traballos discográficos promocionais, autofinanciados, nin aqueles que fosen editados ou distribuidos sen ter suscrito un contrato de edición ou distribución a través de selo discográfico, produtoras ou distribuidoras.

6.- As maquetas presentaranse a través de Internet na web undeleitemusical.radiolugo.gal. A presentación de maquetas levarase a cabo dende o 18 de xuño de 2017 ata as 15:00 horas (GMT+1) do 18 de agosto de 2017. Non se aceptará ningunha maqueta enviada fóra de prazo.

7.- As temas presentadas ao concurso deberán ser orixinais e inéditas en letra e música. Non se admitirán maquetas que non cumpran o apartado 5 destas bases.

8.- Todas as maquetas estarán sometidas ao control por parte da organización antes de ser audibles no portal web do concurso e no programa de radio, ‘Un Deleite Musical’ asociado ao proxecto.

A organización resérvase o dereito a non subir nin permitir a participación de maquetas que poideran resultar ofensiva , lesivas, plaxios ou copias manifestas dunha obra de terceiros. Radio Lugo SA poderá esixir, no seu caso, ao participante a entrega dun xustificante e dunha declaración sobre os dereitos de propiedade intelectual da maqueta presentada ao concurso antes de publicala, e en calquera caso, antes da aceptación do premio. En caso de grupos, a declaración acerca dos dereitos de propiedade intelectual asinada polo representante vincula ao resto dos integrantes, sendo todos responsables solidarios de calquera reclamación de dereitos de propiedade intelectual que se xere pola reproducción da obra presentada.

9.- Rexeitaranse aquelas participacións que non cumpran os requisitos mínimos requeridos e as que teñan datos falsos ou erróneos, podendo considerarse a tales efectos direccións de mail temporais ao igual que datos claramente ficticios ou inventados nos campos do formulario de rexistro.

A organización poderá excluir do concurso en calquera momento a aquelas maquetas sobre as que haxa dúbida sobre a autoría, o autor non proceda a xustificala nun prazo razoable ou non haxa as autorizacións necesarias para versionar unha obra.

A organización non se fai responsable no suposto de que unha maqueta publicada na páxina non sexa inédita e se xeren reclamacións por dita divulgación, sendo únicamente responsable a persoa baixo cuxo nome se divulgue.

10.- Todos os participantes entenden e aceptan que a organización non se fai responsable do fracaso, perdas ou irregularidades que poidan producirse ao enviar a información, ocasionados por dificultades, deficiencias e interferencias na comunicación ou por calquera outro erro ou omisión derivados de problemas de telecomunicacións, tráfico, conxestión, conexión a internet ou calquera outra causa non imputable á organización.

11.- Premios. No marco do concurso farase entrega de dous premios, un outorgado polo xurado profesional e outro polo xurado popular.

Premio do xurado profesional: Un xurado composto por profesionais do ámbito da música avaliará todas as maquetas presentadas e seleccionará aquela que, ao seu entender, teña unha maior calidade musical e estilística. O premio para o artista ou grupo seleccionado polo xurado profesional será a participación como formación invitada no Festival do Leite-DELEITE que se celebrará en setembro de 2017. A organización do festival resérvase o dereito a veto do fallo do xurado profesional sempre e cando considere que o grupo non cumpre os requisitos mínimos para realizar un concerto no festival (repertorio mínimo, calidade musical ou estilo acorde ao do festival). Nese caso, o xurado profesional emitirá un novo veredicto. O premio fallarase na última semana do mes de agosto de 2017.

O artista ou grupo premiado deberá interpretar no festival temas de composición propia.

Premio do xurado popular: O grupo que máis votos reciba do público a través de Internet ata o venres 25 de agosto de 2017 ás 12:00AM (GMT +1) terá como premio a gravación dun videoclip do tema que presentou ao concurso. Para elo habilitarase unha plataforma de votación online no portal undeleitemusical.radiolugo.gal. Cada usuario só poderá votar por unha banda. Realizaranse controis dos votos e borraranse automáticamente aqueles que se fagan a través de contas de correo temporais do estilo mailnator, 10minutemail, etc. Tampouco se admitirán aqueles votos dos usuarios que non cumplimenten todos os campos do formulario de rexistro. A organización resérvase o dereito a realizar comprobacións aleatorias dos datos do usuario mediante posibles re-envíos de correos electrónicos ou mecanismos de verificación da identidade dos participantes

A gravación do vídeoclip deberá realizarse en localizacións da provincia de Lugo. A organización reservase o dereito a limitar tempos de gravación, producción e edición da peza en función dos acordos que teña esta coa compañía responsable da realización do traballo.

A organización poderá facer uso do videoclip para a promoción do grupo, de concursos similares ou da súa propia actividade de difusión musical e artística a través de distintos soportes.

O resultado de ámbolos concursos recollerase nunha acta asinada polo xurado profesional e polo director do proxecto ‘Un Deleite Musical’. Estará dispoñible para a súa consulta na sede de Radio Lugo SA (Praza de Santo Domingo, 3 – 5º, Lugo).

12.- Será condición necesaria para a obtención dos premios que os gañadores acepten expresamente a recepción do mesmo nun prazo de 48 horas tras coñecerse o resultado.

13.- Os gañadores do premio do xurado profesional comprométense a aceptar as condicións de participación e normas que rixan de forma xeral a todas as bandas participantes na edición de 2017 do Festival do Leite, estipuladas pola organización do mesmo.

14.- Os participantes e gañadores dos concursos aceptan e autorizan que os seus nomes e premios obtidos aparezan mencionados na web da organización, do festival, e nos soportes publicitarios que estime a organización para a información dos resultados e a promoción doutras actividades similares organizadas por Radio Lugo SA.

15.- En cumprimento do establecido na Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e na Ley 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e comercio electrónico e demáis disposicións dictadas no seu desenvolvemento, infórmase aos participantes que os datos persoais obtidos na web undeleitemusical.radiolugo.gal serán recollidos por Radio Lugo SA e incorporaranse á base de datos desta empresa. Estes datos serán exclusivamente empregados para contactar cos participantes por cuestións relativas á súa participación neste concurso e para a correcta xestión dos premios, no caso de resultaren gañadores.

Como usuario, poderá en calquera momento exercitar de xeito gratuíto os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación dos seus datos. Para elo debe porse en contacto con Radio Lugo SA, no 982.284.020 ou en administracion@radiolugo.gal.

16.- A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. A organización resérvase o dereito a interpretar, completar e complementar estas bases, aceptando os participantes, polo mero feito de participar, dita interpretación, así como o seu criterio en canto a calquera resolución de cuestións derivadas das mesmas. A organización poderá introducir, se o cre necesario, as modificacións que estime convintes para o bo funcionamento do concurso.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?