¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

OUeC e PSOE pedirán a dimisión de Godoy

Ambos grupos municipais rexistraron unha solicitude de pleno extraordinario para esixir a súa dimisión.

Ambos grupos municipais rexistraron unha solicitude de pleno extraordinario para esixir a súa dimisión. /

Os grupos municipais do PSdG-PSOE e Ourense en Común solicitaban onte a convocatoria dun pleno de carácter extraordinario para solicitar a “dimisión urxente de Dna. Sofía Godoy Gómez-Franqueira como Concelleira de Benestar Social, Sanidade, Igualdade, Xuventude e Voluntariado do Concello de Ourense”.

Para ambos grupos, a situación na que se atopan as concellerías citadas é “crítica e insostible” tras 2 anos de abandono e desmantelamento por parte do PP, e ante a máis que evidente incapacidade de xestión, desidia e absoluta falta de sensibilidade e valores para liderar e coordinar proxectos e iniciativas no ámbito social, sanitario ou xuvenil por parte de Sofía Godoy, declaran “vémonos na obriga de esixir de maneira urxente a súa dimisión unha vez sobrepasados tódolos límites e estando en risco a estabilidade municipal e en xogo o respaldo ás persoas con menos recursos da nosa cidade”.

Ata vinte eivas de xestión se relatan na exposición de motivos da solicitude de pleno extraordinario: a mentira do Protocolo de Acollida a Refuxiados e o Ourense Integra, o descontrol na prestación do Servizo de Axuda no Fogar, o bloqueo de Consellos Municipais e Mesas Participativas e do Plan de Infancia, o retraso na aprobación da Ordenanza de Vivendas de Emerxencia Social, a precarización do Servizo de Comedor sobre Rodas, a supresión do Programa de Atención a Familias Monoparentais, a recuperación da vella política de persoal do PP nas súas áreas, a convocatoria de becas de libros e comedor escolar máis desastrosa da historia do Concello, o abandono da Protectora de Animais, a nefasta xestión para a cesión gratuíta da USM A Ponte para ampliar o Centro Cívico do barrio, a falta de respaldo a o Comité Cidadán Antisida, a falta de información e xestión para acadar un local para a Asociación Renacer, o desmantelamento das UNIS e o incremento das Listas de Espera nas solicitudes de prestacións sociais, o inapropiado traslado da OMIC ás Lagoas, a falta de medidas municipais urxentes ante a situación crítica da asistencia sanitaria no CHUOU, o abandono do CIMM, o escandaloso programa de Actos do Día Internacional da Muller 2017, a paralización do III Plan de Equidade do Concello de Ourense e finalmente, a mala xestión orzamentaria da concelleira, que fai que no mes de xuño de 2017 estean todas as partidas orzamentarias esgotadas e as súas concellerías acumulen débedas e xeren intereses de demora ao Concello.

Este último motivo, é se cadra o máis sangrante, un escándalo de falta de previsión e incapacidade sen precedentes que pode provocar unha parálise e unha situación de caos con graves prexuízos para os veciños da cidade nas súas prestacións sociais e axudas ou no desenvolvemento de programas.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?