¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Aberto o prazo para anotarse nas Actividades de Verán nos Centros Cívicos

As actividades realizaranse nos centros de: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo

O Centro Cívico Colón acolle actividades. Os outros son o da Ponte, Seixalvo, As Termas e A Cuña /

As actividades son gratuítas. Desenvolveranse de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas. O prazo remata o venres 23 de xuño, e as prazas iranse adxudicando por orde de entrada no Rexistro do Concello.

O Concello de Ourense vén de abrir o prazo de inscrición para as Actividades de Verán 2017 para nenos e nenas de Infantil e Primaria nos Centros Cívicos. Este ano por vez primeira, estarán organizadas polas concellerías de Asuntos Sociais, Sanidade e Igualdade. “O obxectivo básico é que os nenos e nenas se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico”, resume a concelleira Sofía Godoy. O prazo para anotarse estará aberto desde mañá, venres 16 de xuño, até o venres da vindeira semana.

As actividades irán encamiñadas a educar e concienciar os nenos e nenas no consumo responsable e na alimentación saudable: reciclaxe, etiquetaxe dos alimentos, publicidade e comercio xusto. Ademais haberá obradoiros de coeducación, educación non sexista e dos dereitos da Infancia.

Tamén se pretende que as actividades sexan unha forma de axudar as familias a conciliar a vida laboral e familiar neste período de vacacións que ampliará o horario das actividades: de 9:00 horas a 13:30 horas para as familias que o desexen nalgún dos centros de maior afluencia.

As actividades realizaranse nos centros cívicos de: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo durante os meses de xullo e agosto de 2017. Serán de luns a venres e os horarios van de 9:00 a 13:30 horas dependendo do centro y vanse dividir en quincenas.

As actividades son gratuítas, e para anotarse hai que cubrir unha solicitude nos Centros Cívicos ou na Oficina de Atención Cidadá e entregala no Rexistro do Concello entre o 16 e o 23 de xuño de 2017 (ambos incluídos). O criterio de selección será o seguinte: estar empadroado no Concello, entregar a solicitude en prazo e ter concedida algunha das quincenas de preferencia antes de que se poida gozar dunha segunda. A admisión nas quincenas será por orde de entrada no Rexistro Xeral do Concello.

Cargando

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?