¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

A Universidade Popular entrega hoxe os seus diplomas

Máis de 3.000 persoas participaron nas 127 accións formativas, un récord histórico de participación.

A Universidade Popular do Concello de Ourense chegará este luns ao remate da súa edición 2016/2017, na que ven de acadar un ano máis o seu record de participación. Será coa gala de clausura e entrega de diplomas, que se celebrará ás 20:30 horas no Auditorio Municipal.

Este ano matriculáronse nas actividades ofertadas un total 3.006 persoas, e se preinscribiron 3.145, fronte aos 2.701 do ano anterior, sinónimo da boa saude da que goza este programa, afirma a concelleira de Educacion, Belén Iglesias, quen lembra que se hai un postulado básico en Educacion é que ésta abarca dende o nacemento e se estende ao longo de todas as etapas da vida, é decir, estamos falando de Educacion Permanente. É dentro desta Educacion Permanente onde cobra sentido a Universidade Popular

Este número, que nunca fora acadado antes na historia da Universidade Popular de Ourense, supón batir un ano máis o récord de matriculacion, como ven sucedendo ano a ano dende a súa creación, hai 22 anos.

Desenvolvéronse un total de 127 accións formativas.

Todos estos alumnos recibirán o seu diploma acreditativo o luns 19 de xuño no Auditorio Municipal, nun acto ao que serán convocados todos os alumnos e profesores participantes.

 

ESTATÍSTICAS

Perfil do alumnado participante no curso 2016-17:

Homes: 22%

Mulleres: 78%

 

De 16 a 30 anos: 14%

De 31 a 45 anos: 28%

De 46 a 60 anos: 32%

Máis de 60 anos: 26%

En activo: 32%

Parados: 31%

Estudiantes: 5%

Xubilados: 25%

Amas de casa: 7%

Os cursos máis demandados pola cidadanía este ano foron:

- Ingles básico

- Lingua de Signos

- Ioga

- Ximnasia Hipopresiva

- Metodo Pilates

- Zumba

- Técnica Fotográfica

- Tapas, pinchos e canapés

- Cociña vexetariana

- Poda i enxerta

- Teleformación on line: Educador/a e Intérprete Ambiental

- Teleformación on line: Monitor/a de Animacion Xeriátrica

- Restauración de mobles

- Artesanía en Coiro

A Concellería de Educación xa está a traballar na próxima edición 2017/2018 deste programa. Xa rematou o prazo de presentación de Propostas Formativas

Presentáronse un total de 443 propostas para formar parte do equipo docente da Universidade Popular 2017-2018 e a selección se resolverá en vindeiros días.

Cargando