¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Aberto o prazo para os Obradoiros de Emprendemento Xuvenil

Motivación, Comunicación, Paintball e Coaching son as catro propostas da áres de Xuventude. Serán no Botánico de Montealegre, no castro de Santomé e nas instalacións do Paintball de Seixalbo.

Motivación, Comunicación, Paintball e Coaching son as catro propostas da áres de Xuventude. Serán no Botánico de Montealegre, no castro de Santomé e nas instalacións do Paintball de Seixalbo. /

A área de Xuventude do Concello de Ourense quere desenvolver o potencial da mocidade ourensá e axudarlles a atopar os seus recursos, “os que teñen menos desenvolvidos e mesmo os que descoñecen”, a través de catro obradoiros que conxugan diversión e medio ambiente: Motivación, Comunicación, Paintball e Coaching son as catro propostas da Concellería para maiores de 16 anos. As inscricións, gratuítas, serán no correo electrónico xuventude[arroba]ourense.es ou nas dependencias de Xuventude [praza de San Martiño 2 baixo ou no 988.388.154], serán por rigoroso orde de entrada.

Motivación para medrar e acadar as túas metas. Venres 30 de xuño Botánico de Montealegre. Obxectivo xeral: Axudar aos participantes a aumentar o seu nivel de motivación e de autoestima que lles permitan mellorar a súa empregabilidade e facilite a súa inserción no mercado laboral.

Comunicación para o éxito. Venres 30 de xuño. Botánico de Montealegre. Obxectivo xeral: Mellorar a nosa comunicación para lograr transmitir o mensaxe de forma eficaz.

Coaching para coñecerte e mellorar. Venres 21 de xullo. Castro de Santomé. Obxectivo xeral: Como mellorar o noso proxecto como emprendedores a través do coaching.

Teambuilding con Paintball. Sábado 19 de agosto. Lakatos Paintball de Seixalbo. Obxectivo xeral: Mellorar a capacidade de traballo en equipo dos participantes, dotándoos de ferramentas que lle permitan alcanzar unha elevada eficiencia nun ambiente laboral satisfactorio.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?