¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

DIRECTOMontoro asegura que el control del presupuesto catalán será 'indefinido'

Ourense contará co primeiro parque inclusivo de Galicia

O goberno municipal aprobou o expediente para contratar as obras do proxecto de rehabilitación do parque da Alameda do Cruceiro.

O goberno municipal aprobou o expediente para contratar as obras do proxecto de rehabilitación do parque da Alameda do Cruceiro. /

O proxecto buscou a oportunidade de abrir o espazo a dúas rúas, Concello e Cruceiro, eliminando barreiras físicas, mellorando a accesibilidade mediante a demolición de peches, así coma un achegamento a un espazo que quedou confinado por unha notable diferenza de altura: o da Rúa Progreso. Realizouse un esforzo ante as infraestruturas que todo espazo moderno e funcional necesita, deste xeito previuse a eliminación de todas as barreiras arquitectónicas existentes así como tamén a eficiencia enerxética da nova iluminación do parque como unha condición inescusable, incorporando equipos de calidade contrastada e gran rendemento.

O equipo redactor do proxecto tentou potenciar as entradas pasando dunha soa entrada accesible a dúas, ambas desde a rúa Concello. Unha vez dentro atopámonos cun paseo perimetral que enmarca no seu interior catro zonas de esparexemento totalmente diferentes pero algunhas delas moi vinculadas. Na parte superior do parque: A área de xogos para nenos de cero a seis anos existente demólese para amplialo, incorporando xogos con accesibilidade para cadeira de rodas. Tamén na parte superior e, en sentido descendente ata a parte inferior cruzando durante corenta metros o parque instalarase unha tirolina dobre con chan de pradería e delimitado por dúas aliñacións de árbores que nun futuro darán unha imaxinaria sensación forestal moi atractiva. Na parte inferior desta zona un espazo de xogos con cordas para acoller ata 8 nenos sentados ou ben de pé.

Haberá tamén espazo para xogos de actividade acuática para nenos desde 0 a 12 anos no que entren a xogar en espazo dotado de geysers, chorros, canóns e arcos de auga. Para eles previuse un espazo de 162 metros cadrados no que os nenos de modo libre xoguen coa auga, mesmo aqueles con mobilidade reducida, xa que non existen bordos, nin pendentes nin obstáculos de ningún tipo. A auga reutilizarase para ser continuamente achegada nun ciclo pechado. O resto do ano convértese nunha fonte nocturna cun equipamento de iluminación artística en conivencia coa auga achegando cor e relax visual e auditivo.

Por último destinouse un espazo aos xogos tradicionais, que de modo simbólico van estar presentes con, o truco, o trompo, un circuíto das chapas e mesmo os xices para pintar no chan. Son recursos e coñecementos hoxe inéditos para os nosos fillos pero que deben experimentar porque seguen sendo moi vixentes.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?