¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Continúa a campaña para prevención de atropelos

A campaña foi posta en marcha polo Concello de Ourense en colaboración con Stop Accidentes.

A campaña foi posta en marcha polo Concello de Ourense en colaboración con Stop Accidentes. /

O goberno municipal afirma que mantén firme o seu compromiso coa seguridade vial e particularmente coa prevención dos atropelos, e por iso esta semana presentouse unha nova fase da campaña posta en marcha polo Concello de Ourense en colaboración con Stop Accidentes.

O luns compareceron en rolda de prensa os concelleiros de Seguridade Cidadá e Voluntariado (Carlos Campos e Sofía Godoy, respectivamente), así como o membro de Stop Accidentes, Daniel Pousada, dar conta da nova fase da campaña posta en marcha este ano, transversal en diferentes àreas de goberno, coa que hoxe se daba un novo paso: cunha iniciativa innovadora de pomming (5.000 folletos repartidos por toda a cidade) e coa estrea dun autobùs urbano, o 11 que vai a Oira desde Santa Mariña, rotulado co lema da campaña “Non me perdas de vista. Ti es responsable”.

En Outono anunciaranse novas accións para reforzar a seguridade vial nesa época do ano, debido a que baixan as horas de luz e retómanse as rutinas como a volta ao cole dos máis cativos.

“Mais sabemos que a prevenciòn non sò se consigue chamando a atención ou mediante acciòns visuais. Por iso desde hoxe estableceremos reunións con todas as partes implicadas (Policía Local, Xefatura Provincial de Tráfico) co fin de analizar as cuestións técnicas que nos plantexa Stop Accidentes e asì poder ir avanzando nun plan intenso para sentar as bases dunha mellora efectiva na seguridade vial desta cidade. E invitaremos aos grupos políticos paras que aporten as súas ideas e suxerencias para mellorar entre todos a situación do tráfico na nosa cidade”, sinalou o concelleiro Carlos Campos, quen quixo agradecer a colectivos como Stop Accidentes, Colexio Cardenal Cisneros, Voluntarios do Concello de Ourense, Protección Civil, Renault-Luis Aragonés, Policía Local e un longo etcétera de persoas e organismos pola súa implicación activa nas campañas de sensibilización e concienciación que se están levando a cabo pola cidade.

Cargando