¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

DEPORTES

Marta Míguez valora os 6 convenios no deporte ourensán

A secretaria xeral de deportes da Xunta de Galicia, Marta Míguez, valora a importancia do tecido asociativo que posibilita a sinatura dos 6 convenios de patrocinio dos equipos de alta competición de Ourense

A secretaria xeral de deportes da Xunta de Galicia, Marta Miguez, con 6 clubs ourensáns na asinatira dos convenios do patrocinio de equipos de alta competición /

A secretaria xeral para o deporte, Marta Míguez, acompañada pola adelegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, e mais o director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra, asinou na mañana do luns 31 de xullo, os convenios de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia, neste caso dos equipos de Ourense e a súa área.

Os 6 equipos de Ourense e a súa área que asinaron o luns os convenios de patrocinio foron: o Club Ourense Baloncesto, Pabellón Ourense Club de Fútbol, Cidade de As Burgas Fútbol Sala, Ourense Club de Fútbol, Club Halterofília Pabellón ( masculino), e o Campus Universitario Ourense RC.

A secretaria xeral manifestou que ¨a Xunta de Galicia debe ser ese defensor e protectior da práctica deportiva, como o é da cultura ou da educación¨ xa que ¨o patrimonio deportivo de Galicia vai en aumento e achega á sociedade uns valores fundamentais ligados a un estilo de vida saudable¨.

¨Ese é o noso papel como patrocinadores do deporte en Galicia: continuar apostando cada ano con máis forza pola vida deportiva e os valores deportivos necesarios para o conxunto da sociedade como son o esforzo, o traballo en equipo, o respecto ao adversario a ás normas ou mesmo á vida saudable¨, apuntou.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?