¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Guille Rubio asina polo Cafés Candelas Breogán

O xogador de 34 anos mide 2,02 metros e na pasada campaña xogou no Doukas, da segunda grega

Guille Rubio é o novo pivot do Breogán /

Matt Stainbrook xa ten parella para a pintura do Cafés Candelas Breogán. Guillem Rubio, mais coñecido como Guille Rubio, e procedente do Doukas da segunda división grega é o elexido para compartir co xigante americano a zona celeste. Con todo, e pese a que o Breogán o presenta como un pívot, Guille Rubio desenvólvese fundamentalmente no posto de ala-pívot.

traxectoria de guille rubio

Categorías Inferiores: Sant Pere Terrasa

1998/99: Unió Manresana (Junior)

1999/00: TDK Manresa (Liga Endesa)

2000/01: CB Vic (EBA) e Básquet Manresa (Adecco Oro)

2001/03: Valls Fàlix Hotel (Adecco Plata)

2003/04: Plasencia Extremadura (Adecco Oro)

2004/09: Ricoh Manresa (Adecco Oro e Liga Endesa)

2009/11: Unicaja Málaga (Liga Endesa)

2011/12: Cajasol Banca Cívica (Liga Endesa)

2012/13: Lagun Aro GBC (Liga Endesa)

2013/14: Valencia Basket e T.M. Estudiantes (Liga Endesa)

2014/15: CB Valladolid (Adecco Oro)

2014/2015: Koroivos Amaliadas (Primeira división Grecia)

2015/2016: VEF Riga (Primeira división Letonia)

2016/2017: Doukas (Segunda división Grecia)

Guille Rubio, cos seus 2,02 metros e 106 kilos, destaca pola súa capacidade de rebote ofensivo e o traballo en defensa, segundo analizará Dani García, ex adestrador seu no Plasencia para a web da Feb.

Con 34 anos, Guille Rubio chega ao Breogán tras debutar na ACB co Manresa, club no que pasou boa parte do tramo inicial da súa carreira. Na ACB tamén militou no Unicaja (onde incluso debutou en Euroliga), no Sevilla, no Gipúzkoa e no Estudiantes.

Ademáis, foi internacional español en categorías inferiores e incluso no ano 2009 participou nunha concentración da selección española para a preparación do Eurobasket. Debuto daquela coa roja ante Cuba, encontro no que anotou 4 puntos.

A súa última experiencia na Liga LEB data do 2014, no Valladolid, no que asinara un contrato breve. Posteriormente marchou para a primeira división grega, para o Koroivos Amaliadas, promediando 11,3 puntos e 6 rebotes. Nese conxunto incluso chegou a ser un dos homes importantes para meter ao equipo no play-off polo título na primeira tempada do cadro na máxima liga do país heleno.

A campaña 2015/2016 militou no VEF Riga letón para recalar na pasada tempada na segunda división grega, no Doukas, onde promediou 13 puntos, 7,7 rebotes, 2,2 asistencias, un 65% en tiros de 2 e un 80% en tiros libres.

Guille Rubio foi nunha ocasión xogador da xornada na ACB co Estudiantes

Cargando

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?