¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

EN DIRECTOToda la información del doble atentado en Cataluña, minuto a minuto

Así é Sergio Díaz, a ilusionante fichaxe para o ataque do CD Lugo

O dianteiro paraguaio incorpórase ó cadro albivermello cedido polo Real Madrid, que no seu día pagou máis de 5 millóns de euros polo seu pase

Un resumo da capacidade futbolística de Sergio Díaz / Zizou Fútbol (Youtube)

O novo Kun Agüero. Así define a prensa paraguaia a Sergio Díaz, unha das mellores promesas do fútbol deste país sudamericano. O xogador, de 19 anos, recala na Liga 1,2,3 no CD Lugo tras xogar a pasada tempada no Real Madrid Castilla ás ordes de Solari, co que desputou preto de 3.000 minutos en Segunda B.

Sergio Díaz mide 1,70 e destaca pola súa velocidade e habilidade. Na pasada campaña fixo 5 goles no conxunto merengue, ao que chegou do Cerro Porteño paraguaio, co que incluso xogou a Copa Libertadores. O Real Madrid pagou por el máis de 5 millóns de euros.

Sergio Díaz debutou contra a Real Sociedad B no Castilla, marcando nese encontro 2 tantos e dando unha asistencia. Aínda que a súa posición natural é a de dianteiro centro, Santiago Solari empregouno indistintamente en todas as posicións do ataque a pasada tempada.

Sergio Díaz asinou dous goles e unha asistencia no seu debuto co Castila en Segunda B ante o filial da Real Sociedad

Con todo, e pese ao gran comezo de campaña, con 3 goles en 3 partidos, non acadou o rendemento agardado, segundo a prensa madrileña. Onde si que estivo máis atinado foi no conxunto xuvenil do Real Madrid, onde foi un dos homes destacados da Youth League, a Champions League da categoría.

O xogador incluso debutou coa selección absoluta de Paraguai en xuño deste ano nun encontro amistoso ante Francia.

Sergio Díaz nun encontro de Copa Libertadores do Cerro Porteño ante o Boca Juniors / Getty Images

Cargando

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?