¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

FÚTBOL

A RFGF abre a inscrición dos cursos de adestradores

A Real Federación Galega de Fútbol, a través da Escola de Adestradores, abre o prazo de inscrición para o curso federativo ¨Entrenador Básico de Fútbol¨

Novo plan de estudos para os adestradores de Fútbol, na nosa comunidade galega /

A Real Federación Galega de Fútbol, a través da Escola Galega de Adestradores, abre o prazo de inscrición para o curso federativo ¨Entrenador de Fútbol ¨ ( Equivale á Licencia UEFA B), que substitúe ao antigo NIvel 1, en base ás Directivas que regulan a Convención da UEFA, aprobado polo Comité Executivo da UEFA o pasado 14712/2014 e ratificado pola RFEF en xaneiro de 2015.

O novo plan de estudos que a UEFA ten para os adestradores tivo o curso pasado ( 2016-2017) unha extraordinaria acollida entre o colectivo de adestradores da nosa comunidade. Foron máis de 300 os que estiveron inscritos no antigo nivel 1, que agora pasa a denominarse ¨Entrenador Básico de Fútbol ¨ e son moitos os que xa se interesaron para anotarse este ano.

Ante tal demanda, a Escola Galega de Adestradores que dirixe Manuel Mosquera, convoca o curso en ata 17 localidades repartidas por toda Galicia, incluso en horarios matinais en A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, polo que son 20 sedes en total.

Fisterra (Costa da Morte), Ribeira, (A Coruña), vilanova de Arousa (Pontevedra), Ponteareas (Pontevedra), Xinzo de Limia (Ourense), O Barco de Valdeorras (Ourense) ou Vilalba (Lugo) son algunhas das localidades onde se fará o curso por primeira vez.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?