¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

O Breogán asina a Leonardo Demetrio

O xogador brasileiro procede do Lleida, da LEB Oro, e conta con experiencia na ACB, no Fuenlabrada

Imaxes das principais accións de Leonardo Demetrio, a recente fichaxe do Cafés Candelas Breogán, nas últimas campañas / Sports Cuts

O Cafés Candelas Breogán vén de confirmar a fichaxe de Leonardo Demetrio, un ala pivot brasileiro de 2,04 metros e 23 anos. O cadro celeste substitúe así a fallida incorporación de Lamont Mack cun xogador grande que pode xogar tamén fóra da pintura.

Demetrio promediou o ano pasado na LEB Oro 10,9 puntos e 5,6 rebotes en 34 partidos co Lleida. Os seus promedios en tiros de dous (53,8%) e de tres (36,5%) dan unha idea do perfil de xogador que é a última fichaxe celeste, que tén nos tiros libres o seu principal punto débil, cun promedio do 52,7%.

Leonardo Demetrio foi internacional brasileiro en todas as categorías inferiores e xa debutou en ACB co Fuenlabrada.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?