¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

XIMNASIA

Dez ximnastas do pavillón o mundial

Dez ximnastas de trampolín do club ximnasia Pavillón Ourense seleccionados pola REFG para representar a España nos mundiais por idades

Dez ximnastas de trampolín do club ximnasia pavillón Ourense seleccionados pola RFEG para reprsentar a España nos mundiais por idades /

A Real Federación Española de Ximnasia ven de confirmar a clasificaión de 11 ximnastas ourensáns para participar na Competición Mundial por Idades 2017, que se celebrará en Sofía (Bulgaria), entre o día 16 e o 19 de novembro, 10 dos cales son ximnastas do Club Ximnasia Pavillón Ourense, conseguindo así superar o nivel acadado nos mundiais do 2015 onde acudiu con 7 ximnastas.

Dos 10 clasificados polo CXPOU asitirán a Sofía 9. As mais pequenas do equipo pavillonista: Marta Rodríguez Cancio (11 anos) e María Fujú García Varela (11 anos) despois dunha temporada de éxitos foron seleccionadas nos tres aparatos nos que participaban: Dobre Minitrap, Trampolín e Sincronismo, na categoría 11-12 anos. Esta será a súa primeira participación nuns mundiais por idades.

Alejandro Braña Barreiros (13 anos) que quedará ás portas nos anteriores Mundiais foi agora seleccionada en Dobre Minitramp e Trampolín en categoría 13-14.

En categoría 15-16 foron seleccionados:

Guillermo García Varela (15 anos) en sincrnismo.

Noa Puente- Doadd Álvarez(15 anos) en Trampolín e Sincronismo

María Salas Cid(15 anos)clasificada en Dobre Minitrap, Trampolín.

Todos eles xa representaron a España nos anteriores mundiais (2015) pero María, Noa e Lucas participarán por primeira vez en Trampolín, a modalidade olímpica.

En categoría 17-21 foron seleccionados:

Lucas Domuro Arias (17 anos) en Trampolín e Sincronismo.

Eduardo Novelle Man en dobre Minitramp. Edu é o noso ximnasta con mais experiencia en Mundiais por idades, e a pesares de ter relaxado a súa dedicación ao trampolín en favor dos seus estudios de Inxenería Aeroespacial. Un ano mais o técnico de Trampolín Iago Covela Iglesias e a técnica Inmaculada Pazos Sanchez-Rubio acompañarán á expedición pavillonista en Bulgaria.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?