¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Sergio Rey e Abel López, campións de España de Inercia

Os morañeses proclamaronse campións de España no circuito de Pintos, en Marcón, na modalidade de Carrilana GX

Pontevedra sumouse esta fin de semana ás carreiras de carrilanas, ou como se denominan oficialmente, carreiras de inercia. O estreno foi ao grande, celebrando o Campionato de España de Inercia, no circuito de Pintos, en Marcón.

O Campionato dividíase en 9 categorías, unha delas, Carrilana GX, foi na que os morañeses Sergio Rey e Abel López se proclamaron campións de España. É un deporte de equipo no seu caso, pois Sergio pilota mentres que Abel empuxa, e debe empuxar ben, pois neste circuito acadaron velocidades de ata 85 Km por hora.. iso sí, conta Sergio que fai unhas semanas en Portugal, chegaron a velocidades punta de ata 110 Km/h.

Más información

Levan pouco máis dun ano competindo en diversas modalidades de carrilanas, e que " todo empezou de broma", comenta Sergio, o ano pasado na carreira de carrilanas de Barro. Non teñen interese en participar en campionatos europeos de momento, pois o seu obxectivo e divertirse, pero tampouco o descartan de todo, ainda que son conscientes das dificultades económicas que entrañaría desplazarse por europa.

Estamos ante un deporte que está en auxe, e onde Galicia é unha potencia, pois máis do 80% dos participantes nesta proba foron Galegos. Con Sergio e Abel enriba dunha carrilana, o futuro de este deporte está asegurado.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?